A música cinematográfica é música orixinal composta para unha película. A banda sonora contén non só a música, senón tamén os diálogos e os efectos sonoros.
O compositor escribe a partitura en colaboración co director ou productor, esta é interpretada por músicos profesionais e grabada por un enxeñeiro de son.
A música das bandas sonoras abarca unha enorme variedade de estilos musicais, dependendo da natureza das películas ás que acompañan. A meirande parte das partituras son obras sinfónicas de estilo clásico, interpretadas por orquestras, anda que tamén o jazz, o rock, o pop, o blues e a música étnica, entre outros estilos, teñen presencia nas bandas sonoras. Desde os anos 50 os instrumentos electrónicos inclúense nas partituras cinematográficas.
Dende a aparición da tecnoloxía digital e o sampling, os compositores usan sofisticados softwares que contan con samples dixitais que imitan o son de instrumentos reais, e moitas partituras son compostas e interpretadas na súa totalidade por estes medios.