Saltar la navegación

Descrición da UDI

Esta Unidade está deseñada para ser desenvolvida na materia de Música no curso de 2º de ESO durante o primeiro trimestre.

O alumnado aprenderá, interiorizándoos,  elementos da linguaxe musical rítmicos e melódicos dun xeito orgánico e lóxico, a partir da escoita e da interpretación (adaptada)  da canción "Popcorn".

O alumnado achegarase ao xénero da música electrónica, asimilando trazos de estilo a través de audicións seleccionadas, partituras e textos adaptados, imaxes, actividades de audición activa, cuestionarios e videos.

Esta sería a secuenciación das oito sesións:

1. Sesión de introducción – motivación

  • Conexión cos coñecementos previos. Sensibilización.
  • Videos seleccionados.
  • Actividades de discriminación auditiva.

 2Linguaxe musical da partitura (I)

  • Análise dos elementos de linguaxe musical da partitura.
  • Recursos sonoros, audiovisuais e textos explicativos sobre os conceptos musicais traballados na partitura.
  • Actividades de discernimiento gráfico e auditivo destes conceptos.

3.  Linguaxe musical da partitura (II)

  • Práctica de lectura da partitura utilizando formatos .mscz e .jpg
  • Percusión rítmica: práctica do “esqueleto” rítmico da partitura, mediante actividades variadas.

4 Interpretación da partitura (I)

  • Escoita do vídeo e lectura visual da partitura.
  • Práctica da melodía principal sincronizada co vídeo en tempo adagio.

 5. Interpretación da partitura (II)

  • Práctica da melodía principal sincronizada co co vídeo en tempo adagio.
  • Práctica da melodía principal sincronizada co co vídeo a tempo.

 6. Interpretación da partitura (III) e gravación

  • Práctica da melodía principal sincronizada coco vídeo a tempo.
  • Práctica da melodía principal sincronizada a tempo no karaoke instrumental coa melodía  atenuada.
  • Gravación-  opcional - (mediante editores de audio, como Audacity ou en formato video)

7. Contexto musical: obra, autor, intérprete/s, xénero, época e lugar, plantilla vocal e/ou instrumental.

  • Lectura de textos informativos sobre a obra, o autor e o estilo musical. 
  • Actividades de diversa tipoloxía que comporten a utilización precisa dos termos musicais técnicos para expresar os coñecementos musicais.