AUDICIÓN 1 Allegro_O inverno_ Vivaldi_ partitura animada
Escoita e observa este video elaborado a partir da música e das partituras de Antonio Vivaldi.
Nesta peza, parte dun concerto para solista, o instrumento protagonista ou solista - o violín ( no vídeo, representado na liña superior, en cor naranxa) "dialoga" coa orquestra (no vídeo, representada polas liñas inferiores en cores verdosas).
Os concertos solistas ou a solo son composicións instrumentais (sen cantantes) nas que un instrumento (solista) interpreta as pasaxes máis complexas e brillantes intercalándose con intervencións da orquestra.
En "O inverno", Vivaldi describe con instrumentos o contido neste poema:
Xeado tiritar entre a neve prateada
ao severo sopro del terrible vento
correr batendo os pés en todo momento;
E polo frío intenso castañetear os dentes