Saltar la navegación

A música electrónica

Popcorn: música electrónica

 Popcorn é unha composición instrumental que recibiu o seu nome polo parecido da súa melodía principal co son que fan os granos de millo ao rebentar.Foi creada en 1969 polo músico Gershon Kingsley (1922-) para o seu álbum Music to Moog By , que ademáis incluía versións de temas de música clásica e pop tocadas co sintetizador Moog.

Foi versionada máis de 500 veces e é moi popular, de feito tivo presencia no cine, en videoxogos e en publicidade.

O sintetizador

Un sintetizador é un instrumento musical electrónico que xera sinais eléctricos que logo son convertidos a sons. Os sintetizadores poden crear timbres novos ou imitar os doutros instrumentos musicais reais. O sintetizador Moog foi creado polo enxeñeiro Robert Moog (1934-2005). Era capaz de crear un número case infinito de sons.

A música electrónica emprega instrumentos musicais electrónicos e tecnoloxía electrónica. Xorde nos anos 60 do século pasado. Hoxe en día, o termo abrangue desde a música culta experimental ata a música máis popular.

Completa a ficha da audición "Popcorn"

  • Título do tema:
  • Título do álbum:
  • Ano de composición:
  • Nome do autor:
  • Estilo musical:
  • Instrumentos utilizados:

Habilitar JavaScript