Esta Unidade está deseñada para ser desenvolvida na materia de Música no curso de 2º de ESO durante o terceiro trimestre.
O alumnado aprenderá, interiorizándoos, elementos da linguaxe musical rítmicos e melódicos dun xeito orgánico e lóxico, a partir da escoita e da interpretación (adaptada) da obra de Vivaldi.
O alumnado achegarase á obra vivaldiana, asimilando trazos de estilo a través de audicións seleccionadas, partituras e textos adaptados, imaxes, actividades de audición activa, cuestionarios e videos.
Esta sería a secuenciación das oito sesións:
1. Sesión de introducción – motivación
- Lectura de textos, conexión cos coñecementos previos. Sensibilización.
- Videos seleccionados.
- Actividades de discriminación auditiva.
2. Linguaxe musical da partitura (I)
- Análise dos elementos de linguaxe musical da partitura.
- Recursos sonoros, audiovisuais e textos explicativos sobre os conceptos musicais traballados na partitura.
- Actividades de discernimiento gráfico e auditivo destes conceptos.
3. Linguaxe musical da partitura (II)
- Práctica de lectura da partitura utilizando formatos .mscz e .jpg
- Percusión rítmica: práctica do “esqueleto” rítmico da partitura, mediante actividades variadas.
4 Interpretación da partitura (I)
- Escoita do MP3 “máster” e lectura visual da partitura.
- Práctica da melodía principal sincronizada co MP3 “melodía en adagio”.
5. Interpretación da partitura (II)
- Práctica da melodía principal sincronizada co MP3 “melodía en adagio”.
- Práctica da melodía principal sincronizada co MP3 “melodía a tempo.”
6. Interpretación da partitura (III) e gravación
- Práctica da melodía principal sincronizada co MP3 “melodía a tempo.”
- Práctica da melodía principal sincronizada co MP3 “melodía a atenuada.”
- Gravación- opcional - (mediante editores de audio, como Audacity ou en formato video)
7. Contexto musical: obra, autor, intérprete/s, xénero, época e lugar, plantilla vocal e/ou instrumental.
- Lectura de textos informativos sobre Vivaldi e os concertos.
- Actividades de diversa tipoloxía que comporten a utilización precisa dos termos musicais técnicos para expresar os coñecementos musicais.
8. Os instrumentos violín e clavicémbalo.
- Lectura de textos informativos sobre os instrumentos de corda fretada, o violín e o clavicémbalo.
- Audición da tímbrica instrumental illada.