O koto (tamén chamado kin) é un instrumento de corda punteada pertenente ao grupo das cítaras. Está formado por 13 cordas de seda de diferente lonxitude e de 13 pontes móbiles, dispostas sobre un longo corpo de madeira (duns 190 cm) .
Adoitaba colocarse sobre o chan, podendo estar o intérprete sentado ou axeonllado, aínda que na actualidade se coloca nun soporte para poder ser tocado desde unha silla.
O koto se toca punteando as cordas co polgar, o índice e o corazón da man dereita, aos que se suxeitan tres plectros de marfil chamados tsume. A man esquerda pode alterar a altura ou o son de cada corda ben presionándoas ou manipulándoas polo lado esquerdo das pontes.
Trátase dun instrumento tradicional xaponés, introducido na corte no século VIII.
