A música tradicional xaponesa clasifícase en dous tipos diferentes: música teatral (compoñente esencial, por exemplo, do teatro kabuki, famoso polas súas sofisticadas danzas e cantos e polas elaboradas maquillaxes dos intérpretes) e a música de corte, a máis antiga, que comprende un repertorio instrumental e outro vocal.
En Xapón hai instrumentos tradicionais de corda, de vento e de percusión. Nesta ligazón a Wikipedia, podes procurar máis información: Wikipedia: Traditional japanese instruments
A escala pentatónica é moi utilizada en Asia. Consta de cinco sons, cos que se compón toda a música, conferíndolle un aire estático e exótico.
Wikimedia_commons.org. Escala pentatónica