A variación é un modo de composición moi frecuentemente utilizado. Parte dun tema ou melodía, claramente recoñecible e sinxelo de identificar, que se escoita ao principio, ao que lle seguen unha serie de variacións ou novas “caras” do mesmo. En realidade, consiste en escoitar o mesmo pero doutro modo, cambiando determinados parámetros, como timbre, velocidade, ritmo, harmonías, intensidade.
Nesta obra de Mozart, o tema inicial é unha canción infantil popular “Ah vous dirai-je, Maman”, aquí a coñecemos como “Campaíña de lugar”.
Preme na seguinte ligazón e observa e escoita a obra completa: Mozart_K265_Obra completa&partitura_YouTube