Saltar navegación

5. Glosario

A

  • Alternador

Aparello xerador de corrente eléctrica alterna situado nunha central produtora de electricidade.

B

  • Bote sifónico

Peza na que desaugan varias tubaxes, que ten o efecto dun sifón.

C

  • Colector

Tubaxe horizontal na que se reúnen as augas residuais procedentes de varias baixantes.

Conmutador

Interruptor eléctrico utilizado para cortar ou permitir o paso da corrente desde dous ou máis puntos dun circuíto.

D

  • Detentor

Peza que serve para regular o caudal de auga colocado n entrada ou saída dun emisor.

  • Domótica

Sistema de control automático e intelixente dun edificio baseado no uso de sistemas informáticos e das telecomunicacións.

I

  • Illante eléctrico

Material que non permite o paso da corrente eléctrica: cerámica, madeira, vidro, plástico, etc.

R

Resistividade (ρ)

Resistencia eléctrica específica de cada material.

S

Semicondutores

Substancias illantes que se transforman en condutoras pola adición de determinadas impurezas. Os máis usados son o xermanio e o silicio.

  • Sifón

Curvatura das tubaxes de desaugue que sempre está chea de auga para impedir o paso de gases nocivos e cheiros procedentes do alcantarillado.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0