2.3 As instalacións da vivenda
Consonte a normativa de habitabilidade vixente, os edificios destinados a vivendas deben ter as instalacións necesarias para a realización das funcións previstas nas diferentes pezas que o compoñen. Estas instalacións son as seguintes: electricidade, fontanaría, saneamento, telecomunicacións (televisión, telefonía...), tratamento e reutilización de augas grises e pluviais, e paneis solares para a produción de auga quente sanitaria. Outras instalacións con que pode contar o edificio segundo as súas características e o sistema adoptado son as seguintes: ascensores, calefacción e auga quente sanitaria, ventilación forzada e domótica. Imos ver seguidamente as características principais destas instalacións.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0