Saltar navegación

1.3 Obxectivos

 
  • Recoñecer os principais factores que poden condicionar o proxecto de construción dunha vivenda.

  • Identificar as etapas do proxecto de construción dunha vivenda.

  • Coñecer os elementos do proxecto construtivo dunha vivenda e o contido de cada un.

  • Localizar e identificar os principais elementos das instalacións sobre os planos correspondentes.

  • Empregar a escala para representar obxectos e realizar medicións e comprobacións sobre os planos da vivenda.

  • Coñecer os contidos máis importantes da normativa de habitabilidade e comprobar o seu cumprimento no proxecto.

  • Analizar cada instalación dunha vivenda e identificar os seus elementos sobre os planos correspondentes.

  • Identificar os efectos da corrente eléctrica e o seu uso en electrodomésticos e instalacións do fogar.

  • Localizar e recoñecer a utilidade dos elementos de seguridade e protección das instalacións dunha vivenda.

  • Coñecer adiantos técnicos na construción de vivendas e valorar a súa utilidade.

  • Deseñar as instalacións e a moblaxe dunha vivenda sobre os planos de distribución.

  • Valorar criticamente o impacto territorial, ambiental e estético da implantación ou ampliación de núcleos residenciais.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0