Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

Descrición da unidade didáctica

Nesta unidade analizaremos o proxecto de construción dunha vivenda e todos os seus elementos, desde os bosquexos iniciais ata os planos de distribución e de instalacións, respectando as condicións de habitabilidade establecidas na normativa, os pregos de condicións, a medición e o orzamento, tendo en conta as condicións particulares en cada caso.

Analizaremos, así mesmo, as elementos que compoñen as principais instalacións das vivendas, en especial a instalación de electricidade, co estudo das principais magnitudes da corrente eléctrica, así como as últimas melloras introducidas no deseño dos edificios para alcanzar unha construción sustentable, respectuosa e integradora no medio, cun óptimo aproveitamento do consumo enerxético.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0