2.3.1.1 Instalación eléctrica da vivenda.
Instalación eléctrica da vivenda
A corrente eléctrica producida nas centrais eléctricas achégase aos puntos de consumo por medio de redes de alta e media tensión. Nas estacións transformadoras existentes nas centrais elévase a tensión da corrente ata 400.000 V para reducir as perdas de enerxía durante o transporte debido ao efecto Joule que se produce nas liñas de distribución.
Ao aproximarse aos puntos de consumo redúcese progresivamente a tensión ata 33.000 V canalizándoa polas liñas repartidoras. Finalmente chega ás vivendas e industrias a través das liñas de derivación individual a unha tensión de 380 V ou 220 V.
| A liña de derivación individual está formada por dous cables: un de cor marrón ou negra, chamadofase,que transporta a corrente, e outro de cor azul, chamado neutro. Ademais existe un terceiro cable de cor amarela e verde denominado toma de terra, que conecta as tomas de corrente co cadro xeral e coa toma da instalación e que absorbe calquera fuga eléctrica que se produza nos aparellos |
|
Antes de chegar á vivenda, a corrente debe pasar polo fusible de protección xeral e o contador, que mide a enerxía consumida (kWh). Logo pasa polo cadro de mando, protección e distribución situado na entrada da vivenda e que está formado polos seguintes elementos:
-
Interruptor de control de potencia (ICP). Serve para desconectar automaticamente a instalación cando a suma das potencias eléctricas dos aparellos que están funcionando ao mesmo tempo supera a potencia contratada coa compañía subministradora.
Nas pequenas instalacións eléctricas a potencia contrátase en función da intensidade solicitada en tramos de 5 A. Así, de acordo coa fórmula da potencia eléctrica (P = I·V), unha corrente de 10 A significa unha potencia contratada de 2.200 W (xa que 10 A · 220 V = 2.200 W), 15 A equivalen a 3.300 W, 20 A a 4.400 W, etc.
-
Interruptor xeral automático (IGA). Protexe a instalación das sobrecargas e curtocircuítos que se poidan producir neles.
-
Interruptor diferencial (ID). Desconecta automaticamente a instalación cando se produce algunha fuga eléctrica nalgún aparello ou nalgún punto da instalación, evitando a posibilidade dun accidente eléctrico.
-
Pequenos interruptores automáticos (PIA). Son interruptores que protexen de curtocircuítos ou sobrecargas cada un dos circuítos interiores da vivenda: iluminación, electrodomésticos, cociña, calefacción e outros usos. Cada circuíto dispón do seu propio PIA, e o número total de PIA é igual ao de circuítos eléctricos existentes na vivenda.



Interruptores automáticos (PIA) Interruptor diferencial (ID) Interruptor de control de potencia (ICP)
|
|
| Para simplificar a representación dos circuítos eléctricos, nos proxectos de construción os elementos represéntanse con símbolos |
-

Esquema do cadro de mando, protección e distribución dunha vivenda, cos PIA de cada circuíto -
C1: Circuíto de iluminación.
-
C2: Circuíto de tomas de corrente de uso xeral.
-
C3: Circuíto de cociña e forno.
-
C4.1, C4.2, C4.3: Circuítos de lavadora, lavalouzas e termo eléctricos.
-
C5: Circuíto de tomas de corrente dos cuartos de baño.
-
-

Esquema da instalación eléctrica dunha vivenda
-
Precaucións no uso da electricidade O uso da electricidade no fogar pode ser perigoso se non se respectan algunhas medidas básicas de seguridade que cómpre ter en conta, como son as seguintes:
-
Desconectar o interruptor xeral no cadro de protección sempre que sexa preciso substituír lámpadas, interruptores, etc. Desconectar, así mesmo, os electrodomésticos antes de proceder á súa limpeza, inspección ou reparación.
-
Comprobar periodicamente o funcionamento do interruptor diferencial situado no cadro xeral de protección premendo o botón de proba. Se non se dispara é porque está estragado e cómpre substituílo.
-
Na cociña as tomas de corrente e os aparellos eléctricos deben estar separados do vertedoiro e nos baños as tomas de forza deben estar situadas polo menos a un metro da bañeira.
-
Antes de pór en marcha un aparello novo, ler o seu libro de instrucións e a placa de características e comprobar a potencia eléctrica do circuíto.
-
Non manipular ningún aparello eléctrico en presenza de humidade no chan, coas mans húmidas nin descalzo. Eliminar todo rastro de humidade e utilizar calzado illante co fondo de goma.
-
Non usar cables pelados sen pezas de conexión, se estas están rotas ou se non fan bo contacto, etc.
-
Non efectuar conexións múltiples nun só enchufe.



-
-
Actividade resolta
Vexamos como interpretar a información don recibo eléctrico dunha vivenda.
-
-
Cal foi o consumo eléctrico realizado durante o período ao que se refire o recibo? En que unidades se mide?
O consumo eléctrico foi de 201 kWh (quilowatts hora)
-
O termo chamado facturación por potencia é a cantidade mínima para pagar por dispor de subministración eléctrica, aínda que non exista consumo de enerxía. Cal é a potencia contratada nesta vivenda? Cal é o importe pagado por este concepto e que relación ten coa potencia contratada?
A potencia contratada é de 3,30 kW. O importe pagado por este concepto foi de 10,78 euros. Canto maior é a potencia contratada maior é o importe mensual da facturación por potencia (ambas magnitudes son directamente proporcionais).
-
Cal foi o prezo do kWh neste recibo, sen contar os impostos?
O prezo do kWh foi de 0,107994 euros.
-
-
S17. Observe o cadro de mando e protección da súa vivenda e comprobe se dispón de todos os elementos descritos nesta unidade
S18. Todos os electrodomésticos indican a potencia no seu cadro de características. Supoña que nunha vivenda está previsto utilizar os seguintes aparellos simultaneamente: cociña (1.500 W), lavadora (2.000 W), iluminación (500 W) e pequenos electrodomésticos (500 W).
-
Que potencia eléctrica mínima debe contratar coa compañía subministradora?
-
Se dispón só dunha de 3.300 W, que aparellos non poden funcionar simultaneamente? Que sucedería nese caso?
S19. Por que unha boa tronada pode estragar os electrodomésticos dunha vivenda?
S20. Investigue o que ocorre no cadro de mando e protección da súa vivenda en cada un dos seguintes casos:
S21. Repare no gráfico de historial de consumo incluído no mesmo recibo e responda ás cuestións:

-
-
Cales foron os períodos nos que se rexistrou un maior consumo de electricidade? E os de menor consumo?
-
Segundo os datos do recibo, cal foi o consumo medio no último ano en EUR/día?
-
S22. Observe o plano do esquema da instalación eléctrica dunha vivenda e, consultando a táboa de símbolos eléctricos, localice no plano os seguintes elementos:
-
- Cadro xeral de protección e distribución.
- Tomas de teléfono.
- Tomas de TV/FM.
- Puntos de luz.
S23. Cal é a función do interruptor diferencial situado no cadro de mando, protección e distribución? Comprobe o correcto funcionamento do ID da súa vivenda premendo o botón de proba.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


