Saltar navegación

2.1.1 Etapas do proxecto

A elaboración do proxecto de construción consta das seguintes etapas:

  • Etapa imaxinativa. Tendo en conta os principais factores que condicionan o edificio a construír, analízanse as diferentes posibilidades construtivas e as vantaxes e inconvenientes de cada unha, realizándose os primeiros esbozos do edificio.

  • Etapa gráfica. Logo de determinadas as características do edificio proxectado elabóranse os seus planos definitivos, incluíndo a distribución e as cotas de todas as plantas, vistas das fachadas, as seccións, as instalacións e os detalles construtivos necesarios para definir completamente cada elemento do edificio.

  • Etapa documental. Inclúe a redacción do resto dos documentos que compoñen o proxecto, nos que se explican detalladamente as características e os materiais da obra, as condicións de execución de cada capítulo de obra, os controis para realizar durante ela, a xustificación do cumprimento da normativa de aplicación, o orzamento, etc.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0