2.3.3 Instalacións de climatización
A finalidade das instalacións de climatización nunha vivenda é a de conseguir o seu confort térmico, é dicir, proporcionar calor en inverno e refrixerar no verán.
Instalación de calefacción
Existen moitos sistemas de calefacción, pero a maioría deles dispoñen dos seguintes elementos:
-
Xerador de calor ou caldeira.
-
Distribuidores da calor.
-
Emisores.
-
Elementos de seguridade, regulación e control
O xerador é o elemento que produce a calor. Consiste nunha caldeira na que se queima un combustible (gas, gasóleo, carbón, etc.), que transmite a calor da combustión a un fluído transportador (auga, aire quente, aceite térmico, etc.). A caldeira dispón dun termóstato para regular a temperatura do fluído, un manómetro para controlar a presión, e de válvulas para encher e baleirar o circuíto.
|
|
|
| Caldeira de gasóleo | Caldeira manual de gas |
A distribución da calor polo fluído transportador, xeralmente auga, realízase por medio dun circuíto pechado de tubos de aceiro ou de cobre. Segundo a forma de distribución existen dous tipos básicos de circuítos: en serie e en paralelo.
-
Circuítos en serie (ou monotubo): existe un único tubo que serve tanto para a ida como para o retorno. Os emisores están situados en serie no circuíto de xeito que a auga que sae do primeiro emisor entra no segundo, e así sucesivamente. O primeiro emisor estará máis quente, o segundo máis frío xa que recibe a auga a menor temperatura que o anterior, etc.
As vantaxes do sistema monotubular son que se poden utilizar tubos de diámetro constante e que se poden encaixar nas paredes ou no chan, favorecendo a súa estética. A principal desvantaxe é que todos os emisores traballan a distinta temperatura, polo que non se poden colocar máis de cinco emisores en cada circuíto. Ademais, é preciso sobredimensionar os últimos emisores do circuíto para compensar a perda de potencia pola diminución da temperatura da auga.
![]() |
| Esquema de circuíto monotubo |
-
Circuítos en paralelo (ou bitubo): dispoñen de dous tubos colectores, un de ida que distribúe a auga a todos os emisores, e outro de retorno que une todas as saídas dos emisores devolvendo a auga ata a caldeira, que é paralelo ao anterior. A auga fría de cada emisor volve á caldeira sen pasar polos demais emisores.
A súa principal vantaxe é que todos os emisores traballan á mesma temperatura, polo que o tamaño do circuíto pode ser moito maior. A regulación da potencia dos emisores realízase mediante detentores que controlan o caudal de auga en cada un. As desvantaxes son que adoitan ter problemas de aire, xa que moitos tubos pasan por riba do nivel dos emisores. Ademais, en instalacións mal dimensionadas ou mal compensadas, poden existir problemas de ruídos procedentes do caudal de auga.
![]() |
| Esquema de circuíto bitubo |
Outro sistema de distribución da calor é por chan radiante. Este sistema consiste en distribuír a auga por medio dun tubo enrolado en espiral disposto no chan sobre un illante térmico, entre o pavimento e o forxado. A auga quente procedente da caldeira entra por un extremo do tubo e volve polo outro extremo ao circuíto de retorno.
|
|
![]() |
| Calefacción por chan radiante | Esquema de colocación de tubo radiante |
Os emisores son os elementos que ceden ao ambiente a calor producida no xerador e distribuída pola rede de tubos da instalación. A transmisión da calor ao ambiente pódese realizar mediante radiadores (de aluminio, ferro ou fundición), tubos de aletas, fan-coils, etc.
|
|
|
![]() |
|
| Radiador de chapa de aluminio | Radiadores de chapa de aceiro | Tubos de aletas | Fan-coils |
-
Elementos de seguridade, regulación e control: son os encargados de regular fundamentalmente a presión e a temperatura do circuíto. Os máis importantes son os seguintes:
-
Válvulas de seguridade: para evitar presións excesivas que poidan deteriorar calquera dos elementos da instalación.
-
Termóstatos: para regular a temperatura da auga no interior da caldeira (entre 60º e 90º) e nos emisores.
-
Elementos de control: termómetros, manómetros para medir a presión, etc.



Válvulas de seguridade Termóstato Manómetro
-
Calefacción eléctrica. Un sistema de calefacción alternativo á caldeira é a calefacción eléctrica, que basea o seu funcionamento no efecto Joule ou transformación da enerxía eléctrica en calor. Existen varios sistemas de calefacción eléctrica:
-
Calefacción directa por medio de calefactores e radiadores de aceite. Os calefactores dispoñen dunha resistencia eléctrica que se volve incandescente ao paso da corrente, e que transmite directamente a calor ao ambiente ou por medio dun ventilador. Os radiadores de aceite dispoñen así mesmo dunha resistencia que quenta o fluído. En ambos os tipos de aparellos un termóstato regula a temperatura de xeito automático, desconectándoos cando a temperatura alcanza un valor determinado.
-
Calefacción por radiación mediante un fío ou cable radiante, que se pode dispor no chan, no teito ou nas paredes, funcionando como forma de calefacción a menor temperatura que nos outros sistemas.
-
Calefacción por bomba de calor. Funciona transferindo calor desde o exterior, xeralmente desde o aire, ata o interior do edificio. É un sistema pensado para achegar calefacción e refrixeración utilizando os mesmos procesos e aparellos, que é unha das súas principais vantaxes, presentando un rendemento enerxético moi grande.


Bomba de calor Esquema do funcionamento dunha bomba de calor
Instalación de aire acondicionado
A finalidade das instalación de aire acondicionado é a de refrixerar o aire cando a súa temperatura é elevada. O funcionamento das instalacións de aire acondicionado é semellante ao dos frigoríficos. Baséanse no arrefriamento dun gas que, ao comprimilo e logo expandilo extrae a calor do interior da vivenda cara a fóra.
| Os equipamentos de aire acondicionado precisan dispoñer dunha toma de aire exterior, o que complica a súa instalación. O aire frío producido repártese por medio dun ventilador instalado no propio equipo a toda a vivenda a través dunha rede de condutos, expulsándoo a través de difusores instalados no teito. | ![]() |
Como se indicou anteriormente os sistemas baseados en bombas de calor estar a substituír con éxito as instalacións de aire acondicionado tradicionais, tanto pola súa facilidade de instalación, como pola posibilidade de servir como sistemas de refrixeración e de calefacción nun mesmo aparello.
Illamento térmico e aforro enerxético
Entre os custos de mantemento dunha vivenda o máis importe é o enerxético: iluminación, calefacción, auga quente, consumo de electrodomésticos, etc. Practicamente a metade deste gasto consúmese en calefacción, de aí a importancia de aproveitar convenientemente o rendemento dos sistemas de produción de calor e mellorar o aforro enerxético na vivenda.
![]() |
|
|
|
| Poliuretano extruído | La de rocha | Poliuretano proxectado | Fibra de vidro |
O mellor par reducir o consumo de enerxía na calefacción é o illamento térmico da vivenda, para o que se introducen nos muros de pechamento exterior, nas cubertas e nos forxados materiais con alto poder illante. Os materiais máis utilizados son o poliestireno extruído, tamén chamado porexpán, a la de rocha, a espuma de poliuretano e a fibra de vidro.
![]() |
![]() |
| Illamento térmico | |
Outro elemento importante no illamento térmico son as ventás, para o que se deben utilizar carpinterías con rotura da ponte térmica e dobre acristalamento con cámara de aire no interior. Isto permite evitar en inverno perdas ata dun 50 % da calor, ao tempo que no verán se limita a achega enerxética da radiación solar.
As caixas das persianas débense revestir interiormente con paneis de cortiza, poliestireno extruído ou poliuretano proxectado, e as portas exteriores deben estar dotadas de xuntas ou burletes para evitar a entrada de aire frío do exterior.
Nos sistemas de calefacción por auga quente é importante illar termicamente os tubos encaixados en muros, cámaras, etc. ou que pasan por espazos non habitables, para evitar perdas de calor innecesarias.
|
|
|
| Dobre acristalamento | Eficacia do dobre acristalamento no inverno e no verán |
-
Consellos para o aforro de enerxía na vivenda -
Durante o inverno manter a temperatura do aire no interior da vivenda a 20 ºC, que son suficientes para manter a sensación de confort. Na cociña e nos dormitorios é suficiente con 17 ou 18 ºC.
-
Apagar a calefacción á noite e acendela despois ventilar a vivenda. Unha vez posta non se debe volver a apagar, xa que cada vez que se acende o consumo de enerxía é moi elevado. É preferible mantela acendida a temperatura máis baixa.
-
Realizar un mantemento técnico periódico de todos os compoñentes da instalación: caldeira, especialmente os queimadores, cheminea, termóstatos, purgamento de radiadores, etc.
-
Non cubrir os radiadores con ningún obxecto nin coas cortinas, porque se reduce notablemente o seu rendemento ao impedir a circulación do aire quente no interior do cuarto.
-
Para quentar os cuartos con luz natural debemos facilitar a súa entrada durante as horas de sol subindo as persianas e abrindo al cortinas, pechándoas pola noite.
-
Regular a temperatura dos aparellos de aire acondicionado no verán para que non exista un contraste excesivo entre a temperatura interior e a exterior que poida ser prexudicial para a saúde, procurando, en todo caso, que non baixe dos 25 ºC.
-
Actividades propostas
S27. Compare as vantaxes e os inconvenientes dos sistemas de calefacción por circuíto monotubo e bitubo.
S28. Como se xera a calor emitida no sistema de calefacción por chan radiante?
S29. Cite os tipos de emisores térmicos que coñeza.
S30. Indique a función dos seguintes elementos nun circuíto de calefacción:
S31. Cales son as vantaxes principais da bomba de calor fronte ao aire acondicionado?
S32. Que partes do edificio é máis importante illar termicamente? Cales son os materiais máis utilizados no illamento das vivendas e onde se coloca cada un?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


















