2.1.3 Elementos do proxecto de construción
Todo proxecto construtivo consta dos seguintes documentos: memoria, planos, prego de condicións, medicións e orzamento.
Memoria
-
Memoria descritiva: debe contar a seguinte información:
-
Axentes: promotor e técnico proxectista.
-
Información previa: antecedentes e condicionantes de partida, emprazamento, contorno físico, normativa urbanística e outras normativas de aplicación.
-
Descrición do proxecto.
-
Descrición xeral e usos previstos do edificio.
-
Cumprimento do código técnico da edificación (CTE), normativa urbanística, ordenanzas municipais, etc.
-
Descrición do edificio, volume, superficies útiles e construídas, accesos e evacuación.
-
Parámetros utilizados no cálculo da cimentación e da estrutura, pechamentos, acabamentos, etc.
-
Memoria construtiva: descrición das solucións adoptadas no deseño do edificio:
-
Características do solo, a cimentación e estrutura do edificio; parámetros e métodos de cálculo.
-
Definición construtiva do pechamento do edificio e do seu comportamento fronte ás accións a que estará sometido: peso, vento, sismo, lume, humidade, illamento térmico e acústico, etc.
-
Compartimentación do edificio e comportamento ante o lume, os ruídos, etc.
-
Acabamentos, con indicación das características e os materiais utilizados no revestimento dos paramentos horizontais e verticais.
-
Instalacións do edificio e bases de cálculo de cada unha: protección contra incendios, antiintrusión, electricidade, iluminación, ascensores, fontanaría, evacuación de residuos, ventilación, telecomunicacións, instalacións térmicas e o seu rendemento enerxético, aforro de enerxía e incorporación de enerxía solar térmica ou fotovoltaica, e outras enerxías renovables.
-
Equipamento de baños, cociñas, lavadoiros, etc.
-
Cumprimento do código técnico da edificación (CTE): xustificación das prestacións esixidas polo código e outra normativa específica (seguridade estrutural, seguridade en caso de incendio, seguridade de utilización, protección contra o ruído, medidas adoptadas para o de aforro de enerxía, etc.
-
Anexos á memoria: o proxecto conterá tantos anexos como cumpran para a definición e a xustificación das obras, como información xeotécnica, cálculo da estrutura, estudo de eficiencia enerxética, impacto ambiental, plan de control de calidade e estudo de seguridade e saúde.
Planos
O proxecto conterá os planos necesarios para a definición en detalle das obras:
-
Planos emprazamento, coa xustificación urbanística, aliñamentos, retranqueos, etc.
-
Plano de urbanización: rede viaria, acometidas, etc.
-
Plantas xerais con cotas, que reflictan os elementos fixos e a moblaxe.
-
Planos de cubertas: pendentes, puntos de recollida de augas, etc.
-
Alzados e seccións con cotas, con indicación de escala e cotas de altura de plantas e altura total para comprobar o cumprimento dos requisitos urbanísticos e funcionais.
-
Planos de estrutura coa súa descrición gráfica e dimensional.
-
Planos de instalacións: descrición gráfica e dimensional das redes de cada instalación.
-
Planos de definición construtiva: documentación gráfica de detalles construtivos.
-
Memorias gráficas: solucións concretas e elementos singulares (carpintería ...).
Prego de condicións
-
Prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas particulares.
-
Disposicións xerais, facultativas e económicas.
-
Prescricións sobre os materiais: características que deben cumprir os materiais, os equipamentos e os sistemas que se incorporen ás obras, condicións de subministración e conservación, e garantías de calidade.
-
Prescricións sobre execución por unidades de obra: características técnicas, proceso de execución, tolerancias, terminación, conservación e mantemento, ensaios e probas, criterios de aceptación e rexeitamento, criterios de medición e valoración de unidades, etc.
-
Prescricións sobre verificacións no edificio rematado, indicando comprobacións e probas de servizo que haxa que realizar para comprobar as prestacións finais do edificio.
Medicións
É o desenvolvemento por partidas, agrupadas en capítulos, que contén todas as descricións técnicas necesarias para a súa especificación e valoración no orzamento.
Orzamento
É unha valoración aproximada do custo de execución material da obra proxectada, especificado por capítulos:
-
Orzamento detallado co cadro de prezos agrupados por capítulos.
-
Resumo por capítulos e valor final do custo da execución e de contrata.
-
Orzamento do estudo de seguridade e saúde.
Actividades propostas
S1. Consulte os condicionantes máis importantes na redacción do proxecto construtivo, e indique a cal ou a cales responden estes elementos do proxecto:
S2. Indique en que documento do proxecto se atopa a seguinte información:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0