2.1 O proxecto de construción
A construción de edificios é un proceso en que intervén un grande número de persoas, materiais e técnicas, e onde se están a innovar continuamente procedementos e sistemas construtivos para mellorar a súa calidade e a súa eficiencia enerxética.
A nova arquitectura intenta aproveitar os recursos naturais de forma pasiva, mellorando a iluminación natural e a recepción do sol das vivendas, utilizando fontes de enerxía alternativas como a solar térmica ou a fotovoltaica, fomentando a recollida e a reutilización da auga de chuvia e das augas grises, etc.
Outro aspecto importante para considerar é a crecente automatización das instalacións das vivendas, tamén coñecida como domótica, incorporando novas técnicas informáticas e de comunicación para a programación e o control de todas as instalacións das vivendas.
|
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
