Saltar navegación

6. Glosario

A

  • Asíntota

Liña recta á que se aproxima unha curva sen chegar a tocala nunca.

 

  • Asteroide

Corpo rochoso menor que un planeta e maior que un meteorito, que orbita arredor do Sol principalmente entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

C

 

  • Cabalo de vapor (CV)

Unidade de potencia, equivalente a 735,5 watts.

  • Combustible fósil

Os combustibles fósiles son o petróleo, o carbón e o gas natural.

  • Conservación da enerxía

A enerxía total consérvase constante en todos os procesos.

  • Constante de proporcionalidade

Na función inversa de tipo y = k/x, k é a contante de proporcionalidade. Representa o valor constante do produto de todas as parellas de valores x.y

  • Coseno

Nun triángulo rectángulo, o coseno dun ángulo é o cociente do cateto adxacente entre a hipotenusa. O valor do coseno dun ángulo é un número abranguido entre -1 e +1. O coseno de 0º vale 1, o coseno de 90º vale 0 e o coseno de 180º vale -1.

E

  • Elasticidade

Propiedade dos corpos sólidos consistente en recuperar a súa forma e tamaño iniciais cando se deixa de facer forza sobre eles. Entanto están deformados pola acción dunha forza acumulan enerxía potencial elástica.

  • Enerxía cinética

É a enerxía que teñen os corpos por estaren en movemento. Calcúlase coa expresión

  • Enerxía mecánica

É a suma das enerxías cinética e potencial dun corpo.

  • Enerxía potencial

É a enerxía que ten un corpo debido á súa posición nun campo gravitacional. Tamén hai enerxía potencial elástica e eléctrica.

F

  • Fisión nuclear

Reacción que consiste na ruptura dun núcleo grande en dous menores, con liberación de gran cantidade de enerxía en forma de calor. Nas centrais eléctricas nucleares úsase o isótopo de uranio

235 ().

  • Fontes de enerxía

Recursos naturais que empegamos para obteren enerxía a partir deles.

  • Fotovoltaico

Proceso no que a enerxía da luz é transformada en enerxía eléctrica.

  • Fusión nuclear

Reacción na que dous núcleos atómicos pequenos chocan e quedan unidos formando un núcleo maior, con liberación de enerxía en forma de calor. Este tipo de reaccións son as que ocorren no interior das estrelas, como o Sol.

G

  • Hidrocarburos

Moléculas orgánicas formadas exclusivamente por átomos de hidróxeno (H) e de carbono (C).

H

  • Hipérbole

É unha das curvas planas coñecidas co nome de cónicas. A hipérbole prodúcese no corte dun plano paralelo ás xeneratrices do dobre cono.

I

  • Isótopos

Dous ou máis núcleos son isótopos entre si cando teñen o mesmo número atómico (número de protóns) e diferente número másico (diferente número de neutróns). Exemplo:

J

  • Joule (J)

Unidade de traballo. Equivale ao produto dun newton por un metro: 1 J = 1 N. m

M

  • Marea negra

Vertedura masiva de petróleo no mar.

N

  • Non renovables

Dise das enerxías que se consumen a un ritmo moito maior do que a natureza é capaz de producir.

  • NOx

Denominación xenérica dos óxidos de nitróxeno que se emiten á atmosfera nas combustións.

P

  • Potencia

Traballo feito na unidade de tempo; mídese en watts (W) ou en cabalos de vapor (CV). Calcúlase dividindo o traballo realizado entre tempo.

R

  • Renovables

Dise das enerxías que se poden consumir a un ritmo igual ou menor do que a natureza é capaz de producir.

S

  • Sustentable

Que se pode soster”. Aplícase ao consumo de materiais e enerxía de forma que non ocasione o seu esgotamento a longo prazo.

T

  • Traballo

Produto da forza polo espazo percorrido polo corpo. Se a forza e a dirección de movemento forman un ángulo, hai que multiplicar tamén polo coseno de dito ángulo. O traballo mídese en joules (J) no Sistema Internacional.

W

  • Watt (W)

Unidade de potencia. Equivale ao traballo dun joule feito nun segundo: 1 W = 1 J/s.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0