Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

 

1.           Marque as afirmacións verdadeiras.

Pregunta 1

A biomasa foi o recurso enerxético máis utilizado na antigüidade.

Pregunta 2

A electricidade é unha fonte de enerxía.

Pregunta 3

A enerxía eólica ten a desvantaxe de non se producir constantemente

 

2.           Un motor empregou 22 000 J procedentes da rede eléctrica. Fixo un traballo de 20 000 J para mover un obxecto, e desprendeu 2 000 J de calor.

Pregunta 1

O proceso non cumpre o principio de conservación da enerxía mecánica.

Pregunta 2

Cumpre a lei da conservación da enerxía.

Pregunta 3

O rendemento do motor (= traballo feito/enerxía utilizada) é do 90 %.

Pregunta 4

Se o motor non desprendese nada de calor, tería un rendemento do 100 %.

 

Pregunta

3.           Unha enerxía de 3 MWh equivale a:

Respostas

1,08.107 J.

1,08.1010 J.

1,08.1013 J

1,08 MJ

Pregunta

4.           Unha nave espacial de catro toneladas vai cara ao planeta Marte cunha velocidade de 36 000 km/h. A súa enerxía cinética é:

Respostas

2.108 J.

2,59.1012 J.

2.1011 J.

2 GJ

Pregunta

5.           Un avión de 40 000 kg ten unha velocidade de 300 km/h cando engala; mantén esta velocidade ata que está a 120 m de altura. Canta enerxía mecánica ten xusto nese intre?

Respostas

4,70.107 J

1,39.105 J

1,86.108 J

1,39.108 J

Pregunta

6.           Os motores dese avión deixan de funcionar de súpeto. Con que velocidade baterá co chan?

Respostas

300 km/h

347 km/h

360 km/h

0 km/h

Pregunta

7.           Un bocadillo de chourizo de 200 g ten unha enerxía química nutritiva de 1,5 MJ. Se unha persoa que come ese bocadillo puidese transformar o 30 % da enerxía del en traballo, podería levantar 5 kg de patacas desde o chan ata unha altura de 2 m:

Respostas

100 veces aproximadamente.

1 000 veces aproximadamente.

4 600 veces aproximadamente


15 300 veces aproximadamente.

Pregunta

8.           Un secador de pelo ten unha potencia de 1 800 W. Tardamos en secar o pelo oito minutos. A un prezo de 0,128 euros (IVE incluído) cada kWh, secarmos o pelo cústanos:

Respostas

3 EUR

 0,03 EUR

0,30 EUR

0,60 EUR

Habilitar JavaScript

 

9.           Arrastramos polo chan unha caixa cunha corda como na figura

caixa

Pregunta 1

A tensión da corda fai un traballo positivo.

Pregunta 2

A forza de rozamento da caixa contra o chan fai un traballo negativo

Pregunta 3

O peso da caixa fai un traballo positivo.

Pregunta 4

A normal fai un traballo nulo.

 

Pregunta

10.       A gráfica da función y = -10/x

Respostas

É sempre decrecente.

É unha parábola.

Non pasa polo punto (0, 0), orixe de coordenadas

Corresponde a unha función de proporcionalidade directa.

Pregunta

11.       Cos percebes que temos para a festa, doce invitados poden comer como máximo 200 g cada un. Se aparecen tres invitados máis, cada un deles poderá comer

Respostas

100 g de percebes.

160 g de percebes.

250 g de percebes.

180 g de percebes.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0