Saltar navegación

2.2.2 Enerxía potencial gravitacional

Xa sabemos que o planeta Terra atrae todos os corpos cara ao seu centro (cara a abaixo, dicimos habitualmente). Para cambiar a posición dun corpo desde o chan ata outro punto máis alto, precísase enerxía. Pois ben, cando o corpo finalmente está nesa posición elevada ten enerxía potencial gravitacional, aínda que estea en repouso. Así, a auga dun depósito que está a 3 m de altura ten enerxía potencial; se a deixamos caer enriba das palas dunha turbina pode producir electricidade: a enerxía potencial gravitacional transfórmase en enerxía eléctrica, daquela a auga tiña enerxía!

A enerxía potencial gravitacional é, en xeral, a enerxía que ten un corpo debida á súa posición nun campo gravitacional (terrestre ou calquera outro). Tamén a partir do traballo demóstrase que a fórmula para calcular a enerxía potencial gravitacional é

                                                   

Deducimos que esta enerxía é directamente proporcional á masa do corpo e á altura en que estea situado.

Actividade resolta

Calcule a enerxía potencial dun bloque de pedra de 500 kg que está enriba dunha trabe a 4 m de altura.

Solución

Ep = m.g.h = 500 kg. 9,8 N/kg. 4 m = 19 600 J

 

Actividades propostas

S11 Un operario levanta un balde con 10 kg de pintura ata unha altura de 12 m. Canta enerxía potencial ten a pintura cando está arriba? De onde saíu esa enerxía?

 

S12. Un corpo A ten o dobre de masa e está ao dobre de altura que outro corpo B. Cantas veces máis enerxía potencial ten o corpo A que o B?

 

S13. Dous corpos coa mesma masa están á mesma altura, un na Terra e outro en Marte. Teñen a mesma enerxía potencial os dous? Explíqueo.

Licencia AtribuciónNo comercialCompartir bajo la misma licencia  por ireth12 en Flirk
 

S14. Unha nave espacial móvese moi lonxe da Terra. Ten enerxía cinética? Ten enerxía potencial gravitacional?

 

S15. Calcule canto aumenta a enerxía potencial dunha persoa de 65 kg cando sobe desde o terceiro piso dun edificio ata o sétimo. A altura entre cada dous pisos é 2,75m

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0