Saltar navegación

2.4 Potencia

Temos dous motores. Un deles fai un traballo de 106 joules en dous minutos, e o outro fai un traballo de 106 J en 15 minutos. Os dous fan o mesmo traballo, pero son iguais os dous motores? A lóxica xa nos din que non; os dous motores fan o mesmo traballo, si, pero un en menos tempo que o outro; na linguaxe habitual dicimos que un motor é máis potente que outro. Cal é o máis potente? Pois o que fai o mesmo traballo en menos tempo.

En física definimos a potencia como o cociente entre o traballo feito e o tempo que se tardou en facelo

 

No exemplo anterior dos dous motores, o primeiro ten unha potencia de:

 

entanto que o segundo ten unha potencia de:

Queda claro que o primeiro motor é o máis potente. Un motor máis potente non é que faga máis traballo, senón que o fai máis rápido, en menos tempo.

Unidades

A unidade de potencia no SI é o watt (símbolo W), que se chama así en honra a James Watt, que desenvolveu a máquina de vapor, o que deu lugar a revolución industrial. Un watt é a potencia dun aparello que fai un traballo de 1 joule nun segundo.

Da definición de potencia dedúcese outra forma para calcular o traballo. O produto da potencia polo tempo é o traballo:

 

Historicamente, a primeira unidade de potencia foi o cabalo de vapor. Watt comparou o traballo que podía facer a súa máquina de vapor sacando mineral dunha mina co que facía un cabalo. A equivalencia é:

1 cabalo de vapor (CV) = 735,5 W

Hai outro cabalo, o HP (Horse Power), utilizado polos anglosaxóns, que equivale a 745,7 watts aproximadamente.

Como xa vimos, W = P.t, así que multiplicando unha unidade de potencia (P) por unha de tempo (t) sae unha unidade de traballo. Isto é o que ocorre co kWh, o quilowatt hora: é unha unidade de traballo (ou enerxía); vén sendo o traballo que fai un motor dun quilowatt traballando durante unha hora. A súa equivalencia en joules é:

 

Esta unidade de traballo e enerxía é moi utilizada polas compañías eléctricas para establecer as tarifas. No momento en que se escribe isto, a compañía eléctrica máis estendida en Galicia cobra o kWh a 0,11 euros para uso doméstico. Velaquí algunhas potencias típicas:

Aparello

Potencia

  • Lámpada de baixo consumo

15 W

  • Unha persoa

300 W

  • Unha calculadora

0,000 4 W

  • Un computador

250 W

  • Unha lavadora de roupa

2 000 W

  • Un coche

73.5 kW

  • A central termoeléctrica das Pontes de G. Rodríguez

1 500 MW

  • Unha minicentral hidráulica galega típica

5 MW

  • Unha central nuclear

1 000 MW

  • Avión Airbus 380

74 MW

  • Lanzadeira espacial

8,8 GW

Actividades resoltas

Un frigorífico ten unha potencia de 300 watts. Canto traballo fai en doce horas?

Solución

 

Unha atleta ten 450 W de potencia. Canto tempo tarda en facer un traballo de 12 000 J.

Solución

 

 

 

Actividades propostas

 

S24A electrobomba dun pozo ten de potencia 1 cabalo. Canto traballo fai en 14 h?

 

S25Unha persoa eleva, mediante unha polea, unha caixa de 25 kg a unha altura de 10 m en 15 segundos. Un guindastre fai o mesmo en 5 segundos. Calcule potencia desenvolvida pola persoa e polo guindastre.

 

S26  A propaganda dun coche di que o seu motor ten unha potencia de 120 CV. Cal é a súa potencia expresada en kW (quilowatts)?

 

S27.  Ten unha masa de 60 kg. Sobe os catro pisos do seu edificio (11 metros de altura) en medio minuto. Cal é a súa potencia? [Indicación: calcule o traballo que fai ao subir a escaleira a partir das súas enerxías final e inicial]

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0