Saltar navegación

2.1.1 Formas da enerxía

A enerxía preséntase arredor de nós en diversas manifestacións, que chamamos formas da enerxía. Vemos unha cantas de seguido.

Enerxía mecánica

A que teñen os corpos pola súa velocidade ou a súa posición

 

Enerxía cinética

 

Teñen enerxía cinética todos os corpos que están en movemento.

 

 

Enerxía potencial gravitatoria

 

É a enerxía que teñen os corpos polo feito de estaren situados a unha certa altura sobre a superficie da Terra.

 

Enerxía potencial elástica

Os corpos elásticos (resortes, gomas, vigas…) teñen esta forma da enerxía cando están deformados (encollidos, estirados…)

 

 

Enerxía química

 

É a enerxía que se produce nas reaccións químicas, pola rotura e formación de enlaces entre átomos.

 

Enerxía térmica

É a enerxía que se transfire entre corpos por estaren a diferente temperatura.

 

Enerxía eléctrica

É a enerxía transportada pola corrente eléctrica, asociada ao movemento das cargas eléctricas.

 

Enerxía nuclear

É a enerxía liberada nas reaccións que ocorren nos núcleos dos átomos.

 

Enerxía radiante

É a enerxía transportada polas ondas electromagnéticas: luz, microondas, radiación ultravioleta, ondas de radio e TV…

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0