1.3 Obxectivos
-
Diferenciar as formas en que se pode presentar a enerxía.
-
Clasificar as fontes de enerxía en renovables e non renovables.
-
Valorar o papel da enerxía no mundo actual e a utilización de medidas de eficiencia no consumo de enerxía e no aforro enerxético
-
Identificar as formas de enerxía mecánica.
-
Definir a enerxía cinética. Utilizar a fórmula:
![]()
-
Calcular a enerxía cinética en diferentes situacións e expresala nas unidades de medida correspondentes.
-
Definir a enerxía potencial. Utilizar a fórmula:
![]()
-
Calcular a enerxía potencial en diferentes situacións e expresala nas unidades de medida correspondentes.
-
Aplicar a situacións concretas o principio da conservación da enerxía mecánica.
-
Interpretar o traballo como un mecanismo de transferencia de enerxía e expresalo coas unidades adecuadas.
-
Definir a potencia e utilizar as súas unidades de medida.
-
Utilizar a fórmula P = W/t para resolver problemas cotiáns sobre a potencia consumida por aparellos, e relacionar o tempo e o traballo realizado.
-
Representar funcións de proporcionalidade inversa.
-
Definir a función de proporcionalidade inversa.
-
Analizar as propiedades da función de proporcionalidade inversa e aplicalas a exemplos de casos reais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0