4. Actividades complementarias
S33. A forza de rozamento entre un armario e o chan é de 80 N. Cal é o traballo desenvolvido pola forza de rozamento se desprazamos o armario 12 m?
S34. Calcule o traballo feito por unha máquina dunha potencia de 60 CV cando funciona durante tres minutos.
S35. A forza (1 200 N) do motor dun coche móveo ao longo de 77 metros en 14 segundos.
-
- Que traballo fai a forza motriz?
- Cal é a potencia desenvolvida polo motor? Expréseo en kW e en CV.
S36. Un guindastre eleva un bloque de ladrillos de 300 kg ata unha altura de 25 m en 30 segundos.
-
- Canto traballo realizou o guindastre?
- Cal é a súa potencia?
S37. Sobre o carriño da compra, con 20 kg, facemos unha forza de 40 N ao longo de 4 metros. O carriño estaba en repouso inicialmente.
-
- Calcule o traballo que facemos.
- Cal é a enerxía cinética que adquire o carriño?
- Que velocidade adquire o carriño ao final?
S38. Un bloque de 30 kg cae polo aire. Cando está a unha altura de 50 m a súa velocidade é de 27 m/s. Supondo nulo o rozamento contra o aire, calcule:
-
- A enerxía mecánica cando está a 50 m de altura.
- A enerxía cinética cando está a 30 m de altura sobre o chan.
- A velocidade coa que baterá contra o chan.
S39. Un paracaidista salta ao aire desde unha altura de 1 000 m. A súa masa mais a do equipo de salto é 80 kg.
-
- Se non rozase contra o aire, con que velocidade chocaría contra o chan?
- A velocidade con que realmente chega ao chan é moito menor, como pode supoñer. Cal é a función do paracaídas? Onde vai parar a enerxía mecánica inicial que tiña o saltador inicialmente?
S40. Moitas das enerxías están relacionadas co Sol, xa que proveñen del. Explique como inflúe o Sol na existencia das enerxías seguintes: eólica, hidráulica, petróleo e carbón, e mareomotriz.
S41. Relacione con frechas os contidos da primeira columna cos da segunda:
S42. Diga que tipo de enerxía está asociada a cada sistema: a torta dunha voda, a batería dun coche, unha goma elástica e unha estrela.
S43. Das seguintes unidades, indique as que corresponden ás de enerxía: caloría, joule, watt, newton e quilowatt hora.
S44. Complete a táboa seguinte, que relaciona os valores da enerxía cinética dun corpo coa súa masa e a súa velocidade:
S45 Levantamos un libro desde o chan e logo levámolo horizontalmente ata o deixar enriba dunha mesa. En que parte do percorrido fixemos traballo?
S46. Lanzamos unhas chaves cara a arriba cunha velocidade inicial de 20 m/s. A que altura terán unha velocidade de 10 m/s? Supoña desprezable o rozamento contra o aire.
S47. Unha saltadora de pértega de 65 kg alcanza unha velocidade máxima antes do salto de 9.6 m/s. Supondo que a pértega sexa capaz de transformar o 90 % da enerxía cinética da atleta en enerxía potencial gravitacional,
A que altura máxima poderá saltar a atleta?
Cal será a súa enerxía mecánica ao caer ao colchón?
E a súa velocidade de impacto contra el?
S48. Cando os tiraboleiros da Catedral de Santiago moven o botafumeiro, este sobe ata unha altura de 25 metros, e alcanza na súa parte baixa unha velocidade de 70 km/h. Comprobe se esta velocidade é a que debería ser teoricamente caendo desde os 25 m. Se non é así, explique que pode pasar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0