Uso e transformación da enerxía
2.1 Enerxía
Non é doado dar unha definición clara da enerxía. A idea da enerxía foi establecéndose pouco a pouco entre os físicos, e non sempre foi ben comprendida ao longo do tempo.
A definición máis empregada actualmente é que a enerxía é a capacidade que teñen os corpos de experimentar cambios ou de provocalos noutros corpos. Pode parecer un tanto ambigua, así de entrada, pero probablemente sexa a máis xeral. Todos os cambios nos corpos (de posición, de velocidade, de estado de agregación, de forma, químicos, etc.) precisan a utilización de enerxía.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0