Saltar navegación

2.2.1 Enerxía cinética

A palabra cinética procede do grego kinetikós (que move). Así, a enerxía cinética é a que ten un corpo debida ao seu movemento. Todo corpo que está en movemento ten enerxía cinética. Un paxaro voando, un proxectil, un asteroide, unha persoa camiñando, teñen enerxía cinética. Pola experiencia sabemos que a enerxía cinética é maior canto maiores sexan a velocidade do corpo e a súa masa.

Os estragos que produce un vehículo cando bate contra algo son maiores canto maiores sexan a súa masa (un camión estraga máis que unha motocicleta) e a súa velocidade (hai máis desfeita cando se vai a 120 km/h que a 60 km/h).

A partir da definición de traballo –que veremos máis adiante– pódese demostrar que a fórmula para calcular a enerxía cinética é (sendo m a masa do corpo e v a súa velocidade):

 
                                                

Vexa que da fórmula se deduce que a enerxía cinética é directamente proporcional á masa do corpo e tamén ao cadrado da velocidade. Isto ten moita importancia ao conducirmos un vehículo: a enerxía cinética do seu automóbil é catro veces maior se vai ao dobre de velocidade. E unha enerxía catro veces maior significa que, en caso de accidente, os estragos serán –inevitablemente– catro veces maiores. Lembre isto cando conduza!

 

Actividade resolta

Cálculo da enerxía cinética dun coche de 1 200 kg cando circula a:

  • 50 km/h

50 km/h = 13.89 m/s;

 

  • 100 km/h

100 km/h = 27,78 m/s;

 

  • 150 km/h

150 km/h = 41,67 m/s;

 

 

  • Que deduce do último resultado comparado co primeiro, cando a velocidade é tres veces maior?

Que a enerxía cinética é 9 veces maior:

 

 

 

Actividades propostas

 

S9. Canto diminúe a enerxía cinética dunha persoa de 65 kg que pasa de correr (6 m/s) a camiñar (1 m/s)?

 

S10. Unha moto de 150 kg móvese a 50 km/h. Acelera ata ter unha velocidade de 75 km/h. Canta enerxía lle proporcionou o motor ao vehículo? De onde saíu?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0