Saltar navegación

2.1.4 Conservación da enerxía

É doado decatarse de que unhas formas da enerxía se transforman noutras. Por exemplo, a solar transfórmase en eléctrica nas células fotovoltaicas; a eléctrica en cinética e calor nun motor que eleva auga a certa altura; esta auga tena agora potencial gravitacional, que pode transformarse en cinética se se deixa caer sobre turbinas, que producen electricidade…

Un dos logros da física foi descubrir que ao longo de todas estas transformacións da enerxía o seu valor total non cambia: permanece constante. Hoxe sabemos que a enerxía total do universo é constante: transfórmase, pero non se crea nin se destrúe, non aumenta nin diminúe.

Pero non sempre estivo claro. Houbo moitos intentos de construír máquinas que funcionasen continuamente sen enerxía, algunhas moi curiosas (pódeo buscar en internet; pescude por exemplo con móbil perpetuo).

Sistema mecánico en el cual se conserva la energía, para choque perfectamente elástico y ausencia de rozamiento.

Newtons cradle animation book CC BY-SA 3.0
DemonDeLuxe (Dominique Toussaint) - Trabajo propio
 

Actividade proposta

S8 Indique o tipo de transformación de enerxías que ten lugar en cada proceso:

Proceso

Transformación ocorrida de enerxías

O sol evapora a auga do mar 

A nube descarga chuvia que se recolle nun encoro 

A auga move as turbinas da central eléctrica 

As turbinas producen electricidade 

A electricidade move un elevador hidráulico nun taller  

O elevador sobe un coche a 1.4 m de altura 

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0