3. Resumo de contidos
-
Enerxía. Capacidade dun corpo para producir cambios nel ou noutros. Tamén se define como a capacidade dun corpo para realizar un traballo. Mídese en joules (J) no SI.
-
Formas da enerxía. Cinética, potencial gravitacional, potencial elástica, eléctrica, química, térmica, nuclear, solar…
-
Fontes da enerxía. Son os recursos naturais que utilizamos para obter enerxía. Hai fontes de enerxía renovables e fontes non renovables.
-
Fontes de enerxía renovables. As que consumimos a un ritmo igual ou menor co que as produce a natureza: hidráulica, eólica, solar, mareomotriz, xeotérmica, biomasa, etc.
-
Fontes de enerxía non renovables. As que utilizamos a un ritmo moito maior que o da súa produción natural: carbón, petróleo, gas natural, uranio, etc.
-
Conservación da enerxía. A enerxía transfórmase dunhas formas noutras, pero está comprobado experimentalmente que a cantidade total de enerxía non cambia.
-
Enerxía cinética. A que teñen os corpos por estaren en movemento, por teren velocidade. Calcúlase coa expresión:
![]()
-
Enerxía potencial gravitacional. A que ten un corpo debido á súa posición nun campo gravitacional:
. -
Enerxía mecánica. É a suma das enerxías cinética e potencial dun corpo.
. -
Traballo. Calcúlase coa fórmula
, sendo q o ángulo que hai entre o vector forza e o sentido do movemento. Se o ángulo é menor que 90º, o traballo é positivo; se ese ángulo é 90º (a forza e o desprazamento son perpendiculares entre si), o traballo é nulo; e se o ángulo é maior que 90º, o traballo feito pola forza é negativo. O traballo mídese en joules (J), igual que a enerxía e a calor. -
Potencia. É o traballo feito nun segundo. Mídese en watts (W); un watt equivale a 1 J/1 s. Tamén pode medirse en cabalos de vapor (CV), pero non é unha unidade do SI.
.
![]()
-
Conservación da enerxía mecánica. Se as únicas forzas que fan traballo sobre un corpo son as gravitacionais, elásticas e electrostáticas, a enerxía mecánica do corpo vale o mesmo en todos os puntos do percorrido: a enerxía mecánica consérvase constante.
-
Función de proporcionalidade inversa. É do tipo
![]()
onde k é a constante de proporcionalidade. A gráfica desta función e unha curva chamada hipérbole. A función de proporcionalidade inversa tamén pode escribirse como x.y = k.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0