7- Glosario
-
A
-
Aleatorias
Que dependen do azar, da sorte.
-
Articuladas
Que constan de elementos que se unen nun punto.
-
Atmosfera
Capa gasosa que rodea a certos planetas.
-
-
B
-
Bacteria
Organismo unicelular sen núcleo, de pequeno (< 10 micróns) e presente en todos os hábitats.
-
Biomolécula
Moléculas que constitúen os seres vivos. Ex.: glícidos, lípidos, ...
-
Branquia
Órgano respiratorio dos animais acuáticos, constituído por láminas ou filamentos, que permiten a respiración por absorción do osíxeno disolvido na auga e expulsión do dióxido de carbono.
-
-
C
-
Ciclóstomo
Peixes carentes de mandíbulas. Exemplo: as lampreas.
-
Citoplasma
Parte da célula rodeada pola membrana celular e que contén os orgánulos.
-
Clasificación
Distribución en clases ou categorías.
-
Clorofila
Substancia existente nas plantas, ás que lles dá cor verde, que permite a captación da enerxía luminosa necesaria para realizar a fotosíntese.
-
Cloroplasto
Orgánulo celular que contén clorofila e permite ás plantas a realización da fotosíntese.
-
-
D
-
Dióxido de carbono
Gas constituído por carbono e osíxeno que ten como fórmula química CO2. Prodúcese nas combustións, expúlsase na respiración e considerase responsable do efecto invernadoiro.
-
-
E
-
Ecosistema
Conxunto de seres vivos e non vivos que forman o medio natural e que desenvolven entre eles interaccións mutuas.
-
Equilibrio
Xusta proporción entre cousas distintas ou opostas.
-
Estímulo
Aquilo que dá azos para alguén realice algo.
-
Excretor
Nome do aparello que expulsa do organismo substancias inútiles e residuais.
-
Extinción
Proceso de desaparición lenta dun organismo vivo.
-
-
F
-
Fauna
Conxunto dos animais dun país, rexión ou época.
-
Fecundación
Unión dunha célula reprodutora masculina cunha célula reprodutora feminina para dar lugar a un ovo ou cigoto a partir do que se desenvolverá o embrión dun novo ser.
-
Filamento
Con aspecto de fío.
-
Flora
Conxunto das plantas dun país ou rexión.
-
-
H
-
Hidrosfera
Conxunto das partes líquidas (océanos, ríos, lagos, ...) da superficie terrestre.
-
Homoxeneizar
Dar a unha substancia, ou mestura de substancias, un aspecto uniforme.
-
-
I
-
Inorgánico
Que non é, nin procede, dos seres vivos.
-
Invertebrado
Dise do animal que non posúe unha columna vertebral cun cordón nervioso no seu interior.
-
-
L
-
Locomotor
Que se relaciona coa capacidade para desprazarse.
-
-
M
-
Material xenético
As moléculas encargadas da herdanza: ADN e ARN,
-
Medusa
Animal mariño brando e transparente, co corpo xelatinoso en forma de paraugas ou de campá, do que saen tentáculos con filamentos irritantes.
-
Membrana plasmática
Parte da célula que a rodea.
-
-
O
-
Orgánico
Que é, ou procede, dos seres vivos.
-
Orgánulo
Cada unha das partes dunha célula que flotan no citoplasma (mitocondrias, cloroplastos, ...).
-
Ovario
Glándula sexual feminina.
-
Ovo ou cigoto
Célula resultante da unión dunha célula reprodutora masculina e dunha célula reprodutora feminina na fecundación, que se desenvolverá e dará lugar a un embrión.
-
-
P
-
Parasito
Que vive a expensas doutro ser vivo causándolle dano.
-
Parede celular
Parte da célula vexetal á que rodea e protexe.
-
Pigmento
Materia colorante, vexetal ou animal, de estrutura variada e presente en distintos tecidos ou órganos, que cumpre funcións diversas.
-
Pole
Partícula procedente do aparello reprodutor masculino das plantas que contén as células reprodutoras.
-
Pólipo
Animal invertebrado de corpo cilíndrico, fixado ás rochas polo extremo inferior, cun orificio ou boca, rodeada de tentáculos, no extremo superior.
-
Praga
Grande cantidade de algo nocivo que afecta ás persoas, animais e, en particular á agricultura.
-
-
R
-
Rede trófica
Relacións baseadas na alimentación que se establecen entre os organismos dun ecosistema.
-
Refugallo
Material inservible que é preciso rexeitar.
-
Regulador
O que pon baixo control o funcionamento de todas as partes
-
Representativas
Que serven como modelo, ou representación, dun grupo
-
-
S
-
Seláceos
Peixes de esqueleto cartilaxinoso (brando/flexible). Por exemplo quenllas e raias.
-
-
T
-
Transpiración
Desprendemento de auga polas plantas.
-
Trópico
Zona da Terra próxima aos trópicos.
-
-
U
-
Urticante
Que provoca irritación.
-
-
V
-
Vaso
Referido ás plantas: tubos condutores do zume.
-
Vertebrados
Seres vivos, pertencentes ao tipo cordados, que presentan unha corda dorsal protexida por unha columna vertebral.
-
-
X
-
Xeosfera
Parte sólida da Terra.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0