2.2.4 Clasificación dos seres vivos: os cinco reinos
A grande variedade de seres vivos fai necesario identificalos, ordenalos e agrupalos. Estes tres procesos permiten establecer unha clasificación, cuxos criterios variaron na historia. Hoxe emprégase un sistema de clasificación que agrupa aos organismos en cinco reinos.
Os cinco reinos
-
-
Moneras: que abrangue os organismos procariotas.
-
Protoctistas: formado por algas e protozoos.
-
Fungos: constituído por fungos e lévedos.
-
Plantas.
-
Animais.

-
Para incluír un organismo nun reino determinado téñense en conta os criterios seguintes:
-
Reinos
Tipo de nutrición
Organización celular
Tipo de célula
Presenza de tecidos
-
Moneras
Autótrofa / heterótrofa
Unicelular
Procariota
Sen tecidos
-
Protoctistas
Autótrofa / heterótrofa
Unicelular / pluricelular
Eucariota
Sen tecidos
-
Fungos
Heterótrofa
Pluricelular
Eucariota
Sen tecidos
-
Plantas
Autótrofa
Pluricelular
Eucariota
Con tecidos
-
Animais
Heterótrofa
Pluricelular
Eucariota
Con tecidos
-
-
Reino Moneras: está constituído polas bacterias. Algúns destes organismos son patóxenos, é dicir, causan doenzas, pero outros, a maioría, son beneficiosos.
As bacterias son moi pequenas, teñen un tamaño inferior a 10 microns (1 micron é a milésima parte dun milímetro). Nun milímetro, xa que logo, caben aliñadas entre cen e mil bacterias.
-
Reino Protoctistas: inclúe dous grupos de organismos perfectamente diferenciados, os protozoos e as algas.
-
Protozoos: son organismos unicelulares, heterótrofos. Algúns viven libres e outros son parasitos.
-



Tripanosomas
Plasmodium
Pamanecio
-
Algas: son organismos acuáticos, unicelulares ou pluricelulares. Teñen pigmentos que lles permiten realizar a fotosíntese. Non se consideran plantas porque as algas pluricelulares non teñen tecidos.
-



Caulerpa
Volvox
Alga vermella
-
Reino Fungos: está constituído por organismos moi variados que teñen en común que son heterótrofos. Os fungos cumpren un papel moi importante na natureza, xa que contribúen a degradar a materia orgánica en descomposición: son organismos saprofitos.
Tamén hai fungos parasitos que viven ás expensas dun organismo vivo (planta ou animal) causándolle dano. Os antibióticos son substancias que se descubriron ao se produciren por algúns fungos.
-



Amanita phalloides
Peziza
Saccharomyces
Actividades propostas
S22. Que criterios se utilizaron para a clasificación actual nos cinco reinos?
S23. En que reino se inclúen os organismos que non presentan núcleo definido?
S24. Por que as algas non pertencen ao reino Plantas?
S25. En que reino incluiría un organismo unicelular autótrofo e con núcleo definido? Que tipo de ser vivo podería ser? Presentaría tecidos?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0