6.2 Solucións das actividades complementarias
S35.
Auga (non), ovos (si, é unha única célula), azucre (non), árbore (si), pedra (non), arroz (si), vidro (non), sangue (si), anaco de polo (si), cravo (non) e plástico (non).
S36.
As células procariotas non teñen un núcleo definido, o seu ADN encóntrase no citoplasma. As eucariotas teñen un núcleo definido onde se atopa o ADN.
S37.
Os tecidos son grupos de células especializadas. Os órganos son tecidos que interveñen nun mesmo proceso.
S38.
Todos os seres vivos están formados por células , que son as unidades mínimas da vida. Segundo o número de células que os forman, hai seres vivos unicelulares e pluricelulares . As células poden ser de dous tipos: procariotas e eucariotas .
Os seres vivos están organizados en diferentes niveis. As células agrúpanse formando tecidos ; estes, á súa vez, forman órganos , que se agrupan formando sistemas . As agrupacións destes últimos chámanse organismos .
S39.
As raíces, que lle permiten á planta tomar os nutrientes do solo (auga e sales minerais), e as follas, que fan posible a entrada de dióxido de carbono.
S40.
Entre os organismos unicelulares hai grandes diferenzas. O reino Moneras agrupa os procariotas. O resto dos organismos unicelulares pertencen ao reino Protoctistas e son eucariotas.
S41.
Tétanos (Clostridium tetani), sífilis (Treponema pallidum), pulmonía (Streptococcus neumoniae), tuberculose (Mycobacterium tuberculosis) e salmonelose (Salmonella sp.).
S42.
Son organismos unicelulares, eucariotas, autótrofos ou heterótrofos e de vida libre ou parasita.
S43.
A malaria é unha doenza producida por un protozoo, o Plasmodium malariae. Transmítese das persoas doentes ás sas pola picadura do mosquito Anopheles.
S44.
Sen outra información, un organismo desas características estaría incluído no reino Fungos.
S45.
Que se nutren de materia orgánica.
S46.
Mofo da froita (saprófito), Saccharomyces cerevisiae (unicelular), mildeu (parasito), níscaro (cogomelo comestible) e lique (simbionte).
S47.
Ganso (reino Animal), bidueiro (reino Plantas), lévedo (reino Fungos), pardal (reino Animal), aciñeira (reino Plantas), brión (reino Plantas), esponxa (reino Animal), cempés (reino Animal), champiñón (reino Fungos), tartaruga (reino Animal), tomiño (reino Plantas), paramecio (reino Protoctistas) e níscaro (reino Fungos).
A inclusión de cada organismo nun reino determinado está motivada polas características fixadas para cada reino: tipo de célula (procariota/eucariota), tipo de nutrición (autótrofa/heterótrofa), organización celular (unicelular/pluricelular) e presenza/ausencia de tecidos.
S48.
As plantas son organismos pluricelulares, xa que están formadas por moitas células; a súa nutrición é autótrofa, dado que obteñen a materia orgánica que necesitan mediante a fotosíntese. Son de cor verde debido a que posúen unha substancia chamada clorofila; e son organismos que non poden desprazarse, xa que viven fixos no solo.
S49.
Como exemplo: anxiospermas (castiñeiro, salgueiro e ortiga), ximnospermas (piñeiro, abeto e teixo) e fentos (dentabrú, fento común e lingua de cervo).
S50.
-
A fotosíntese é un proceso mediante o cal as plantas fabrican materia orgánica a partir da materia inorgánica, empregando como fonte de enerxía a luz solar.
-
A planta toma sales minerais e auga polas raíces e dióxido de carbono polas follas.
-
Expulsa osíxeno polas follas.
-
A enerxía necesaria para a fotosíntese procede da luz solar.
-
A luz solar é captada por uns pigmentos, o máis abundante, responsable da color verde das plantas é a clorofila.
-
Materia orgánica, basicamente azucres.
-
Acumúlaas.
S51.
Follas (1), raíz (2), flores (3) e talo (4).
S52.
-
Hepáticas: sen vasos condutores, sen flores, sen raíz/talo/follas.
-
Brións: vasos condutores moi sinxelos, sen flores, sen raíz/talo/follas.
-
Fentos:vasos condutores ben desenvolvidos, sen flores, sen raíz/talo/follas.
-
Ximnospermas: vasos condutores ben desenvolvidos, flores primitivas, sementes espidas, raíz/talo/follas.
-
Anxiospermas: vasos condutores ben desenvolvidos, flores complexas, sementes dentro dun froito, raíz/talo/follas.
S53.
Organismos ovíparos son aqueles nos que o embrión se desenvolve fóra do corpo da nai, nun ovo, que contén as substancias precisas para o seu crecemento. Se o embrión se desenvolve dentro do corpo da nai, que o alimenta ate o momento do nacemento, dise que o organismo é vivíparo.
S54.
Equinodermos (teñen aparello ambulacral), poríferos (presentan poros), artrópodos (teñen patas articuladas), anélidos (corpo dividido en moitos segmentos perfectamente diferenciados) e cnidarios (teñen unha cavidade dixestiva cun só orificio que serve de boca e ano).
S55.
S56.
S57.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0