3. Resumo de contidos
-
Biosfera: é a parte da Terra na que hai vida. Abrangue as capas superiores da litosfera, a hidrosfera e as capas inferiores da atmosfera.
-
Composición da materia viva. Todos os organismos teñen unha composición moi parecida, están formados por biomoléculas orgánicas (azucres, graxas, proteína e ácidos nucleicos) e inorgánicas (auga e sales minerais).
-
Funcionamento da materia viva. Todos os seres vivos realizan tres funcións vitais:
-
Nutrición. O organismo consigue a materia para restaurar as súas estruturas e a enerxía para realizar as funcións vitais.
-
Relación. O ser vivo detecta os cambios no medio e reacciona ante eles.
-
Reprodución. Permite a continuidade da especie por medio da descendencia.
-
Célula: é a unidade mínima de funcionamento dun ser vivo. Os organismos unicelulares están constituídos por unha soa célula, os pluricelulares por moitas.
-
Partes dunha célula. Membrana, citoplasma e material xenético están presentes en todas as células. No citoplasma aparecen orgánulos que dependen do tipo de célula. As células vexetais teñen parede celular e cloroplastos.
-
Tipos de células. As células que teñen o material xenético no citoplasma chámanse procariotas, entanto que aquelas que teñen o material xenético dentro dun núcleo definido reciben o nome de eucariotas.
-
Os cinco reinos. Na actualidade considérase que todos os organismos vivos poden ser clasificados en cinco reinos:
-
Moneras. Pertencen os organismos procariotas, os que non teñen un núcleo definido.
-
Protoctistas. Constituído polas algas e os protozoos.
-
Fungos. Organismos heterótrofos (non realizan a fotosíntese) que viven sobre o chan ou sobre organismos en descomposición.
-
Plantas. Organismos fotosintéticos, adaptados á vida terrestre, capaces de producir materia orgánica a partir da inorgánica e da enerxía proporcionada pola luz solar.
-
Animais. Organismos heterótrofos. Os máis evolucionados, alcanzan sistemas nerviosos moi complexos.
-
Biodiversidade. Os organismos evolucionan e sofren un proceso de adaptaciónás condicións do medio e dan lugar á grande variedade que chamamos biodiversidade. A ciencia que estuda as relacións entre os seres vivos e entre estes e o medio é a ecoloxía.
-
Estatística: estuda unha ou máis características dunha poboación por medio dunha cantidade reducida de datos que se chama mostra.
-
Representación: os datos para estudar unha poboación recóllense en táboase preséntanse con gráficos (diagramas de barras, diagramas de sectores e histogramas).
-
Coordenadas cartesianas: todos os puntos dun plano poden ser localizados empregando un sistema de coordenadas cartesianas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0