2.2.5 O reino Plantas
O reino Plantas está constituído polos organismos que presentan algunha parte de cor verde, están adaptados á vida terrestre e non se poden desprazar. Son seres pluricelulares capaces de fabricar materia orgánica a partir da materia inorgánica, nun proceso denominado fotosíntese. Na respiración, para obteren enerxía para as súas células, consomen materia orgánica e osíxeno, e liberan dióxido de carbono.
-

Esquema da fotosíntese
-
Clasificación
As plantas pódense clasificar atendendo á presenza de vasos e á presenza de flores.
-
Presenza de vasos. Os vasos condutores permiten o movemento de auga e a materia orgánica a través das plantas. As hepáticas non teñen vasos, os briónstéñenos moi sinxelos e os fentos, as ximnospermase as anxiospermas téñenos ben desenvolvidos.
-
-



Hepática
Brión
Fentos
-
-
-
Presenza de flores. As hepáticas, os brións e os fentos non teñen flores; reprodúcense con esporas. As ximnospermas teñen flores moi sinxelas e non forman froitos; as anxiospermas teñen flores e forman froitos. As plantas con flores son as espermatófitas.
-


Ximnosperma
Anxiosperma
As flores son os órganos reprodutores das, os grans de pole conteñen as células reprodutoras masculinas e o ovario a célula reprodutora feminina, que se unen na fecundación e dan lugar á formación da semente, que dará lugar unha nova planta. Nas anxiospermas, as sementes están protexidas por un froito que facilita a súa dispersión.

As espermatófitas están divididas en raíz, talo e follas. A raíz permite que a planta tome do solo auga e sales minerais, o talo serve de sostén e as follas teñen os mecanismos precisos para controlar a transpiración, evitando a perda excesiva de auga e para realizar a fotosíntese. Nelas hai pigmentos como a clorofila que permiten recoller a enerxía luminosa do Sol.
-
Actividades propostas
S26. Que é unha planta?
S27. Corrixa os enunciados falsos.
-
A maioría das plantas están adaptadas a vivir no medio terrestre.
-
Os fentos non teñen vasos condutores.
-
As hepáticas son plantas con flores.
-
Os brións son plantas con vasos condutores.
S28. Como se reproducen as plantas que non teñen flores (as hepáticas, os brións e os fentos)?.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0