Saltar navegación

2.2.1 A materia viva: composición e funcionamento

Para que se poida desenvolver a vida é preciso que se cumpra unha serie de condicións físicas ideais de luz, temperatura, auga, osíxeno, etc. No Sistema Solar é difícil atopar lugares onde se poidan dar estas circunstancias: unhatemperatura mediaacaída, a existencia de atmosfera que filtre a radiación solar, a presenza de auga líquida e a combinación dunha serie de elementos químicos (o hidróxeno, o osíxeno, o nitróxeno e o carbono), etc.

A biosfera

É a parte da Terra en que existe vida. Non é unha zona concreta e perfectamente definida, xa que os seres vivos poden ocupar zonas da Terra nos que a supervivencia é difícil. Tampouco é uniforme, xa que está formada por unha parte sólida, a superior da xeosfera, unha parte líquida, a hidrosfera, e unha parte gasosa, as capas inferiores da atmosfera.

 

A materia viva: composición e funcionamento

Todos os organismos vivos teñen unha composición e un funcionamento moi parecidos. Están formados polos mesmos elementos químicos e realizan as mesmas funcións.

Se analizamos a composición dun ser vivo vemos que está formado por substancias que, na natureza, son propias dos seres vivos (azucres, graxas, proteínas, ácidos nucleicos) e por outras que aparecen na natureza nos seres vivos e nos non vivos: auga e salesminerais. Son as biomoléculas ou moléculas dos seres vivos. Cada unha destas substancias cumpre, no ser vivo, unha función determinada:

  • Azucres: proporciónanlle enerxía ao organismo.

  • Graxas: constitúen as substancias de reserva.

  • Proteínas: forman os músculos, o cabelo, etc.

  • Ácidos nucleicos: ADN e ARN son responsables da herdanza e do funcionamento.
  • Auga: proporciona soporte a todas as demais.
  • Sales minerais: actúan como reguladores.

Estas biomoléculas están formadas por elementos químicos similares aos que forman a materia non viva. Os máis abundantes son o hidróxeno (H), o osíxeno (O), o nitróxeno (N) e o carbono (C). Outros elementos son moito menos abundantes.

A unión de biomoléculas dá lugar a un ser vivo. O ser vivo máis sinxelo é a célula. Acélula é a unidade de organización dos seres vivos.

As células só se poden ver coa axuda dun microscopio. Hai algúns casos de células observables a simple vista, como algunhas células musculares ou cos óvulos das aves.

   

Tipos de células

Actividade proposta

S10. Que circunstancias favorables para a vida derivan da existencia da atmosfera?

S11. Que é a biosfera?

S12. Describa as funcións das biomoléculas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0