2.1.3 Representación de puntos no plano
Cando queremos localizar un punto nun plano podemos facelo empregando un sistema de coordenadas cartesianas.
Precisamos unicamente dous eixes, un vertical e outro horizontal que se cruzan nun punto que consideramos orixe de coordenadas. Cada punto ten dúas coordenadas. A primeira mide a distancia do punto ao eixe de ordenadas e chámase abscisa. A segunda mide a distancia do punto ao eixe de abscisas e chámase ordenada. Cando as coordenadas se miden cara á esquerda e abaixo considéranse negativas.
Actividades propostas
S8.Escriba as coordenadas dos puntos sinalados.
S9. Sitúe, nun sistema de coordenadas cartesianas, os puntos seguintes: (4,7), (5,3), (-3,-1), (6,0), (3,4), (-1,5) e (-3,-4).
S10. Mueve los puntos a la posición que se indica en la parte superior.Cambiarán a color verde cuando estén bien colocados.
Compartida por Matematicaula — 6 de diciembre de 2013 - Licencia CC-BY-SA, GeoGebra Terms of UseLicenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0