1.1. Descrición da unidade didáctica
Nesta unidade trataremos os requisitos para a existencia da vida en todas as súas formas. Veremos que todos os organismos teñen igual composición química e funcionan dun xeito moi semellante. Estudaremos as súas funcións vitais e clasificarémolos en cinco reinos.
A toma de conciencia da grande diversidade de organismos vivos fai máis posible a concienciación na necesidade de conservala, rexeitando todas aquelas actividades que inciden negativamente sobre ela.
O volume de información que os medios de comunicación poñen ao noso alcance fai que cumpra familiarizármonos cos métodos e os formatos comunmente empregados. É preciso aprender a recoller datos e organizalos, e a interpretar e construír táboas e gráficos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0