Saltar navegación

5. Exercicios de autuavaliación

 

Pregunta

1. Por que hai vida na Terra?

Respostas

Porque vai máis calor que en Mercurio.

Porque é o terceiro planeta do Sistema Solar.

Porque a Lúa inflúe sobre a Terra.

Porque a temperatura é a apropiada, existe unha atmosfera, hai auga líquida e unha mestura de substancias químicas apropiadas.

Retroalimentación

Pregunta

2. Son biomoléculas ...

Respostas

Os óxidos.

Os lípidos.

Os azucres.

As proteínas.

Retroalimentación

Pregunta

3. Sinale as frases correctas:

Respostas

As células procariotas teñen o ADN nun núcleo definido.

As células eucariotas non teñen núcleo.

As células vexetais teñen parede de celulosa.

As células animais non teñen cloroplastos.

Retroalimentación

Pregunta

4. Un tecido é ...

Respostas

Un grupo de células especializadas na mesma función.

Un grupo de órganos.

Un grupo de sistemas.

Un grupo de aparellos.

Retroalimentación

Pregunta

5. Sinale as frases correctas:

Respostas

A función de nutrición permítelle ao ser vivo obter as substancias necesarias para renovarse e a enerxía precisa para vivir .

A relación pon ao ser vivo en contacto co medio e permítelle dar resposta aos cambios que se producen nel.

A función de reprodución garante que a vida continúe.

Retroalimentación

Pregunta

6. A fagocitose é ...

Respostas

Un xeito de relación celular.

Un xeito de reprodución celular.

Un xeito de nutrición celular.

Retroalimentación

Pregunta

7. As células reprodúcense por ...

Respostas

Transformación.

División.

Xemación.

Retroalimentación

Pregunta

8. Hai dúas formas de nutrición...

Respostas

Autótrofa e heterótrofa.

Carnívora e omnívora.

Herbívora e saprófita.

Retroalimentación

Pregunta

9. As plantas ...

Respostas

Desprázanse como os animais.

Son capaces de responder a algúns estímulos, pero non poden desprazarse.

Responden á humidade.

Non teñen sistema nervioso.

Retroalimentación

Pregunta

10. Sinale as frases correctas:

Respostas

Os organismos con reprodución asexual son todos invertebrados.

Hai organismos capaces de rexenerar partes do seu corpo.

Os seres vivos con reprodución sexual herdan caracteres dos dous proxenitores.

Retroalimentación

Pregunta

11. Sinale as características dos organismos do reino Moneras:

Respostas

Son pluricelulares.

Son todos autótrofos.

Teñen tecidos.

Son procariotas.

Retroalimentación

Pregunta

12. Os fungos son todos ...

Respostas

Procariotas.

Eucariotas.

Autótrofos.

Heterótrofos.

Retroalimentación

Pregunta

13. As plantas ...

Respostas

Teñen todas flores.

Son todas autótrofas.

Son todas heterótrofas.

Teñen tecidos.

Retroalimentación

Pregunta

14. Sinale as afirmacións que considere correctas:

Respostas

Os brións teñen vasos pouco desenvolvidos.

As ximnospermas teñen vasos ben desenvolvidos.

Os fentos non teñen vasos.

As hepáticas non teñen vasos.

Retroalimentación

Pregunta

15. Por medio da fotosíntese ...

Respostas

As plantas consomen enerxía.

Os animais producen osíxeno.

As plantas elaboran materia orgánica a partir da materia inorgánica e grazas á enerxía do Sol

Os cogomelos medran.

Retroalimentación

Pregunta

16. Sinale as frases correctas:

Respostas

Os poríferos teñen o corpo dividido en segmentos.

Os moluscos teñen cuncha interna ou externa.

Os artrópodos teñen patas articuladas.

As estrelas de mar son anélidos.

Retroalimentación

Pregunta

17. Sinale as frases correctas:

Respostas

As aves respiran por pulmóns e manteñen constante a súa temperatura.

Os réptiles teñen o corpo cuberto de escamas.

Os anfibios son ovíparos.

Os mamíferos teñen o corpo cuberto de pelos e respiran por pulmóns.

Retroalimentación

Pregunta

18. Mostra é ...

Respostas

Pequeno grupo que estudado permite tirar conclusións sobre unha poboación.

Toda a poboación.

Grupo de persoas que se presentan voluntarias para un estudo estatístico.

Retroalimentación

Pregunta

19. Para presentar os datos recollidos empréganse ...

Respostas

Táboas de frecuencias.

Táboas de datos.

Histogramas.

Diagramas de barras.

Retroalimentación

Pregunta

20. Que tipos de animais teñen aparello ambulacral:

Respostas

Poríferos

Equinodermos

Moluscos

Nematodos.

Retroalimentación

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0