Saltar navegación

4. Actividades complementarias

S35. Indique se as seguintes cousas están feitas por células: auga, ovos, azucre, árbore, pedra, arroz, vidro, sangue, anaco de polo, cravo e plástico.

S36. Indique a diferenza entre unha célula procariota e unha célula eucariota.

S37.  Que é un tecido? E un órgano?

 

S38. Complete

Todos os seres vivos están formados por que son as unidades mínimas da vida. Segundo o número de células que os forman, hai seres vivos e . As células poden ser de dous tipos: e .

Os seres vivos están organizados en diferentes niveis. As células agrúpanse formando ; estes, á súa vez, forman , que se agrupan formando . As agrupacións destes últimos chámanse .

Habilitar JavaScript

S39. Que órganos interveñen na incorporación de nutrientes nas plantas?

S40. Por que non se agrupan no mesmo reino todos os organismos unicelulares?

 

S41. Procure tamén información para relacionar as doenzas que se indican deseguido coas bacterias que as causan, colocando a letra adecuada no lugar indicado.+

Tétanos
sífilis
pulmonía
tuberculose
 salmonelose

Habilitar JavaScript

S42. Cales son as características dos protozoos?

S43. Procure información sobre algún protozoo prexudicial para as persoas porque lles produza algunha doenza, e elabore un pequeno informe sobre o tema.

S44. Se lle din que un ser vivo se alimenta de materia orgánica e non se pode desprazar, en que reino o incluiría?

S45. Que quere dicir que os fungos son heterótrofos?

 

S46Busque tamén información para relacionar os nomes da primeira columna cos da segunda, colocando a letra adecuada no lugar indicado:

Mofo da froita
Saccharomyces cerevisiae
mildeu
níscaro
 lique

Habilitar JavaScript

S47.  Indique a que reino pertence cada un dos seguintes seres vivos: ganso, bidueiro, lévedo, pardal, aciñeira, brión, esponxa, cempés, champiñón, tartaruga, tomiño, paramecio e níscaro. Se é preciso infórmese previamente das características de cada organismo. Razoe sobre o motivo da inclusión de cada organismo en cada reino.

 

S48. Complete os espazos:

 
As plantas son , xa que están formadas por moitas ; a súa nutrición é autótrofa, dado que obteñen a materia orgánica que necesitan mediante a . Son de cor verde debido a que posúen unha substancia chamada ; e son organismos que non poden , xa que viven fixos no solo.

 

Habilitar JavaScript

S49. Escriba tres exemplos de anxiospermas, tres de ximnospermas e tres de fentos. Se é preciso busque a información na Internet ou nunha enciclopedia.

S50. Responda ás seguintes cuestións sobre a fotosíntese:

    • Que é a fotosíntese?

    • Que substancias toma a planta, de onde e por onde as toma?

    • Que substancias expulsa a planta e por onde as expulsa?

    • De onde obtén a enerxía precisa para o proceso?

    • Que ten a planta que lle permite captar esa enerxía?

    • Que fabrica?

    • Que fai coas substancias fabricadas?

 

S51. Escriba o nome das partes dunha planta, e indique a función de cada unha.

Habilitar JavaScript

S52. Complete o cadro que aparece deseguido escribindo en cada grupo os órganos e as estruturas que posúen de entre os seguintes:

Vasos condutores ben desenvolvidos – vasos condutores moi sinxelos – sen vasos condutores – sen flores – con flores primitivas – con flores complexas – sementes espidas – sementes dentro dun froito – sen raíz/talo/follas – con raíz/talo/follas.

         

Hepáticas

Brións

Fentos

Ximnospermas

Anxiospermas

S53. Que significa que un organismo é ovíparo? E vivíparo?

 

S54.  Relacione os nomes da primeira columna coas frases da segunda, colocando a letra adecuada no lugar correspondente:

 Equinodermos
 Poríferos
 Artrópodos
 Anélidos
 Cnidarios

Habilitar JavaScript

S55. Represente cun diagrama de sectores os datos da táboa seguinte:

 

Nº de especies coñecidas

  • Brións

26 000

  • Fentos

14 000

  • Ximnospermas

800

  • Anxiospermas

200 000

 

S56. Represente cun diagrama de barras os datos da táboa seguinte:

 

 

Nº de especies coñecidas

  • Poríferos

5 000

  • Cnidarios

9 000

  • Anélidos

12 000

  • Moluscos

50 000

  • Artrópodos non insectos

123 000

  • Artrópodos insectos

750 000

  • Equinodermos

6 000

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0