6.1 Solucións das actividades propostas
S1.
Elixirase unha mostra representativa e estudarase a poboación por medio dela. Estableceranse zonas na plantación e aleatoriamente estudaranse algunhas. Dentro delas, tamén aleatoriamente, analizarase o número de piñeiros que interese.
S2.
Música preferida (cualitativa), peso (cuantitativa), color do pelo (cualitativa), idade (cuantitativa) e cualificacións dun exame (cuantitativa).
S3.
-
xi
ni
xi = cada valor da variable (idade).
ni = frecuencia, número de veces que se repite cada valor
17
18
19
20
21
22
1
5
8
6
4
1
25
S4.
-
Marcas de clase
xi
ni
xi = valor medio da clase (altura media).
ni = frecuencia, número de veces que se repite cada valor.
136-140
141-145
146-150
151-155
156-160
161-165
166-170
138
143
148
153
158
163
168
3
2
4
6
8
5
2
30
S5.

S6.

S7.

S8.
A (4,4), B (-3,1), C (-4,-2) e D (2,-3).
S9.
S10.
A capa de ozono filtra as radiacións ultravioleta que son letais para os organismos vivos.
S11.
É a parte da Terra en que se desenvolve a vida. Está constituída pola capa superior da parte sólida do planeta (a xeosfera), a parte líquida (a hidrosfera) e a capa inferior da parte gasosa (a atmosfera).
S12.
Os azucres proporcionan enerxía inmediata. As graxas actúan como substancias de reserva. As proteínas restauran, ou forman, as partes do organismo. Os ácidos nucleicos son responsables da herdanza e do funcionamento. A auga é o soporte xeral do resto dos compoñentes. As sales minerais actúan como reguladores.
S13.
Unicelulares (paramecio ou ameba) e pluricelulares (piñeiro ou gato).
S14.
-
Estrutura celular
Célula procariota
Célula eucariota vexetal
Célula eucariota animal
-
Parede de celulosa
Non
Si
Non
-
Membrana celular
Si
Si
Si
-
Citoplasma
Si
Si
Si
-
Material xenético
Si
Si
Si
-
Núcleo definido por membrana nuclear
Non
Si
Si
-
Cloroplastos
Non
Si
Non
-
S15.
-
Organismos unicelulares: C.
-
Tecidos: A, B, E e F.
-
Células que carecen de núclo: D.
S16.
Cando os organismos se reproducen trasládanlle á súa descendencia unha copia do material xenético e dan así vida a un organismo da mesma especie. De non ser así, a especie desaparecería. O obxectivo da reprodución é perpetuación da especie.
S17.

S18.
O termo autótrofo aplícase a aqueles organismos capaces de fabricar materia orgánica a partir de materia inorgánica. Os organismos heterótrofos son aqueles que se nutren de materia orgánica. A característica que permite clasificar os organismos en autótrofos ou heterótrofos é a capacidade que teñen os primeiros de captar enerxía luminosa para realizar a fotosíntese.
S19.
A fotosíntese é un complexo proceso por medio do que algúns organismos son capaces de fabricar materia orgánica a partir da materia inorgánica que toman do aire (dióxido de carbono) e do chan (auga e sales minerais), empregando como fonte de enerxía a radiación solar e liberando osíxeno. Son quen de realizar a fotosíntese as plantas e as algas (ademais doutros microorganismos). Os organismos fotosintéticos son autótrofos.
S20.
Os animais son quen de procesar a información e integrala, grazas ao sistema nervioso, o que lles permite unha resposta máis eficaz.
-
-
Estímulos aos que responde nas plantas
Luz, humidade, contacto, …
-
Estímulos aos que responden os animais.
Todos aqueles que poden percibir polos órganos dos sentidos: vista, oído, tacto, gusto e olfacto.
-
S21.
Trátase de reprodución sexual. A semente procede da unión dunha célula reprodutora masculina cunha célula reprodutora feminina.
S22.
O tipo de nutrición (autótrofa/heterótrofa), a organización celular (unicelular/pluricelular), o tipo de célula (procariota/eucariota) e a presenza/ausencia de tecidos.
S23.
No reino Moneras.
S24.
Porque non presentan tecidos.
S25.
No reino Protoctistas. Unha alga. Non, os tecidos son agrupacións de células.
S26.
Son organismos pluricelulares capaces de fabricar materia orgánica a partir da materia inorgánica nun proceso denominado fotosíntese, adaptados á vida terrestre, que non se poden desprazar e que amosan algunha parte do seu corpo con coloración verde.
S27.
-
-
A maioría das plantas están adaptadas a vivir no medio terrestre.
-
Os fentos non teñen vasos condutores. / Os fentos teñen vasos condutores.
-
As hepáticas son plantas con flores. / As hepáticas son plantas sen flores.
-
Os brións son plantas con vasos condutores. / Os brións son plantas con vasos condutores moi sinxelos.
-
S28.
Por medio de esporas.
S29.
Lontra (cordados), vacaloura (artrópodos), bolboreta (artrópodos), polbo (moluscos), xílgaro (aves), cangrexo (artrópodos), araña (artrópodos), mosquito (artrópodos), medusa (cnidarios), esponxa (poríferos), coral (cnidarios), estrela de mar (equinodermos), tartaruga (cordados), víbora (cordados), babosa (moluscos), tritón (cordados), troita (cordados), gato (cordados), samesuga (anélicos) e ornitorrinco (cordados).
S30.
Porque dispoñen dunhas células urticantes, os cnidoblastos.
S31.
O medio en que vive o animal condiciona o aparello respiratorio do que dispón. A captación de osíxeno na auga realizase por medio de branquias, entanto que os organismos que respiran nun medio aéreo fano por medio de pulmóns, ou de traqueas, dependendo da súa complexidade e evolución.
S32.
Ciencia que estuda as relacións entre os seres vivos, e entre estes e o medio.
S33.
-
-
1. Garza
Longas patas para moverse por augas pouco profundas e pico longo, apropiado para recoller peixes e outro alimento en zonas de lameira.
-
2. Avestruz
Longas patas adaptadas á carreira.
-
3. Falcón peregrino
Gadoupas e pico fortes.
-
4. Pingüín
Ás e patas transformadas para a natación.
-
5. Foca
Capa de graxa para soportar as baixas temperaturas.
-
6. Morcego
Extremidades superiores modificadas para o voo.
-
7. Cacto
Follas transformada sen espiñas para reducir a perda de auga.
-
S34.
A biodiversidade é a variedade de organismos vivos, debida a procesos de adaptación ás características do medio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0