Saltar navegación

4.1 Solucións das actividades propostas

S1.      

  • Monarquía P.

Forma de goberno democrática na que o rei exerce a función de xefe de Estado baixo o control do Parlamento e do Goberno.

  • Cortes

Órgano constitucional, representante do pobo, no caso español bicameral (Senado ou cámara alta e Congreso dos Deputados ou cámara baixa)

  • Autonomía

Entidade territorial dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da súa administración a través dos seus representantes.

  • S. universal

Voto de todos os cidadáns sen distinción de ningún tipo, recoñecido para homes e mulleres, maiores de idade.

  • P. executivo

Facultade do Estado que consiste en ditar e facer cumprir as leis que adoita aprobar o goberno ou o xefe do Estado.

  • P. lexislativo

Unha das divisións do poder do Estado cuxa función é aprobar as leis.

  • P. xudicial

Poder do Estado encargado de administrar xustiza mediante a aplicación de normas xurídicas.

S2.

  • Existe en España división de poderes?

Si (lexislativo, executivo e xudicial)

  • Por que é importante para un país ter unha constitución?

É a norma fundamental para organizar un Estado.

 

S3.

Institución

Función

  • Parlamento

Aprobar ou rexeitar un proxecto de lei presentado polo Goberno ou por un grupo parlamentario.

  • Tribunal Constitucional

Decidir se unha lei ou un decreto do goberno se axusta ou non aos principios da Constitución.

  • Xuíces e maxistrados

Xulgar un delito cometido contra as persoas ou contra a propiedade.

  • Xefe de Estado / Rei

Encargarlle ao dirixente dun partido político a formación do goberno despois das eleccións.

  • Tribunal Supremo

Resolver en última instancia a apelación contra unha sentencia xudicial dos tribunais ordinarios.

 

S4.

  • En que ano foi aprobada a Constitución Española?

1978 (6 de decembro, referendo)

  • Segundo a Constitución, que forma de goberno ten España?

Estado social e democrático. Monarquía parlamentaria.

  • Quen debe obedecer a Constitución?

A toda persoa dentro do territorio español.

  • Quen escolle os membros do poder lexislativo?

Elixidos por todos os cidadáns e cidadás en eleccións cada catro anos.

  • Quen escolle o Presidente do Goberno? E os seus ministros?

O presidente é elixido polo Parlamento; os ministros son elixidos polo presidente

S5.

  • Como se organiza o territorio en España?

17 Comunidades Autónomas (2 insulares) e dúas cidades autónomas; estas divídense en provincias, estas en municipios e comarcas.

  • Que é un municipio?

Entidade administrativa definida por un termo municipal e a poboación que o habita. O Concello está rexido pola alcaldía, dirixida polo alcalde.

  • Como obteñen os municipios os seus ingresos?

Os procedentes do seu patrimonio; as taxas polo uso dos seus bens e servizos, licencias, contribucións, impostos,...; subvencións estatais ou autonómicas; o resultado de multas e sancións...

  • Cal é a función actual das provincias?

Estar en contacto directo cos cidadáns e ofertarlles os servizos básicos.

  • Como están representados os municipios na deputación provincial? Que figura representa o goberno en cada provincia?

Por deputados elixidos de forma indirecta en función dos resultados das eleccións municipais. Está presidida por un presidente.

O goberno está representado polo subdelegado do Goberno.

  • Cantas comunidades autónomas hai na actualidade?

  • Ceuta e Melilla que son?

17

 

Dúas cidades con estatuto de autonomía.

  • Institucións de autogoberno das comunidades autónomas?

Asemblea ou parlamento; presidente autonómico e goberno ou consello.

S6.

 Provincias actuais

 

 Comunidades autonómas

 S7.

    • [Castela-León].

    • [Asturias, Cantabria, A Rioxa, Navarra, Murcia, Illas Baleares, Madrid]

    • [Galicia].

    • [catro]

S8.

La bandera blanca y verde

vuelve, tras siglos de guerra,

a decir paz y esperanza,

bajo el sol de nuestra tierra

Himno de Andalucía

 

Que din os rumorosos

na costa verdecente

ao raio transparente

do prácido luar?

Himno de Galicia

 Asturias

  Asturias

 Aragón

  Aragón

 Galicia

  Galicia

País Vasco

  País Vasco

Castela e León

  Castela e León

Melilla

  Melilla

Soy la sombra de un almendro

soy volcán, salitre y lava

repartido en siete peñas

late el pulso de mi alma.

  Himno de Canarias

Yo estaba en el medio:

Giraban las otras en corro,

Y yo era el centro.

Ya el corro se rompe,...

  Himno de Madrid

 S9.

  • Presidir a Xunta.

Presidente autonómico.

  • Facer cumprir as leis.

Goberno ou Consello.

  • Controlar a acción do Goberno.

Asemblea ou Parlamento.

  • Aprobar os orzamentos.

Asemblea ou Parlamento.

  • Proporlle leis ao Parlamento.

Goberno autonómico.

O Parlamento Galego fórmano 75 deputados.

S10.

Controlan a Administración Autonómica:

  • O Consello de Contas.
  • O Valedor do Pobo.
  • A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • O Tribunal Constitucional.

S11.

O Consello de Contas fiscaliza as contas e a xestión económica, financeira e contable da Administración Autonómica, das entidades locais, das confrarías de pescadores, das cámaras de comercio e doutros organismos.

S12.

O Valedor do Pobo serve para defender, no ámbito territorial galego, os dereitos fundamentais das persoas, garantidos na Constitución e no Estatuto de Autonomía.

S13.

O Consello Consultivo de Galicia debe intervir:

  • En proxectos de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.
  • En convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
  • Na creación e supresión de municipios.

S14.

O Consello da Cultura Galega creouse para defender e promover os valores culturais do pobo galego.

S15.

–        Comarcas metropolitanas.

–        Comarcas urbanas.

–        Comarcas rururbanas.

–        Comarcas urbanas.

S16.

–        Consello Consultivo de Galicia.

–        Consello Económico e Social de Galicia.

–        Consello Galego de Relacións Laborais.

–        Consello Escolar de Galicia.

–        Consello da Cultura Galega.

S17.

Fernando González Laxe  

José Quiroga Suárez Antonio Rosón Pérez Emilio Pérez Touriño Xerardo Fernández Albor Manuel Fraga  Iribarne   Alberto Núñez Feijoo

Fernando González Laxe

(1987-1990)

PSdG-PSOE

 

  José Quiroga Suárez

(1979-1981)

UCD

Antonio Rosón Pérez

 

(1977-1979)

 

UCD

 

  Emilio Pérez Touriño

(2005-2009)

PSdG-PSOE

Xerardo Fernández Albor

(1981-1987)

AP

 

Manuel Fraga

Iribarne

(1990-2005)

PP

 

Alberto Núñez Feijoo

(2009 - )

PP

S18.

  • 53 comarcas.
  • Resposta libre.

S19.

Mapa político de Europa 

S20.

  • Cales son os principais obxectivos da UE?

Impulsar o progreso económico e social nun mercado único cunha moeda única (euro); garantir a liberdade, seguridade e xustiza de todos os cidadáns/cidadás; implantar a cidadanía europea.

  • Que institucións da UE teñen máis poder de decisión?

Consello Europeo e Consello de Ministros.

  • Que organismos controla o Parlamento Europeo?

O Consello de Ministros e a Comisión Europea.

  • Quen forma parte do Consello Europeo? Cal é a súa función?

Todos os xefes de estado ou de goberno e os ministros de asuntos exteriores dos países membros. FUNCIÓN: responsable das orientacións xerais.

  • Cal é a principal función do Consello de Ministros?

Coordina as actuacións dos Estados membros da Unión Europea.

  • Que funcións desempeña a Comisión Europea?

Función executiva. Garante o cumprimento das normas.

  • Quen forma parte do Tribunal de Xustiza? Que garante este tribunal?

Un xuíz de cada país membro (cada 5 anos renovado).

Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunitarias.

 

S21.

  • Consello Europeo

Responsable das orientacións xerais e máis importantes.

  • Consello de Ministros

Coordina as actuacións dos estados membros.

  • Parlamento Europeo

Representan aos cidadáns e as cidadás. Función lexislativa, elabora leis e aproba os orzamentos.

  • Comisión Europea

Función executiva. Garante o cumprimento das normas, propón os proxectos de lei, controla o cumprimento dos acordos e elabora os orzamentos.

  • Tribunal de Xustiza

Función xudicial. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunitarias.

 

S22.

  • A Unión Europea fúndase co Tratado de Maastricht ou da Unión Europea.
  • No ano 1992.

S23.

  • Promover o progreso económico e social equilibrado e sustentable.
  • Afirmar a identidade internacionalmente.
  • Protexer os dereitos e intereses dos cidadáns europeos.
  • Colaborar na xustiza e nos asuntos interiores.
  • Manter e desenvolver o acervo comunitario.

S24.

  • Política agraria. Europa verde.
  • Política pesqueira. Europa azul.
  • Política industrial. Reconversión, transformación ou eliminación.

S25.

Coa política rexional a Unión Europea pretende reducir as diferenzas económicas entre Estados e rexións.

S26.

  • Bases da política rexional da UE. Procura da corrección dos desequilibrios territoriais.
  • Fondos estruturais e de cohesión. Concesión de préstamos para investimentos en rexións pobres; préstamos e subvencións para os sectores agrícola e pesqueiro; infraestruturas enerxéticas e de transporte; políticas educativas e culturais comúns.

S27.

As axudas europeas permitiron a creación de 300.000 postos de traballo anuais; aumentou a renda per cápita no país. Melloraron as infraestruturas, especialmente as comunicacións.

S28.

Construción de autovías; ampliación de portos, aeroportos e metros; programas educativos (ERASMUS, LINGUA,...); a Tarxeta Sanitaria Europea (tratamento médico en caso de viaxar polos países membros); reconstrución do patrimonio artístico e monumental.

S29.

Desvantaxes

Beneficios

  • Déficit da balanza comercial.

  • A cota leiteira, a reestruturación da gandería e o arranque de vides.

  • Paro no sector pesqueiro.

  • A reconversión do sector naval.

  • Aumentou o comercio en xeral. Renovación do sector pesqueiro.

  • Incremento dos investimentos. Mellora de infraestruturas (autovías e portos). Participación dos estudantes nos plans europeos.

  • Renovación tecnolóxica e industrial grazas á desaparición de aranceis.

S30.

Asociación entre Galicia e o Norte de Portugal co fin de impulsar o sector turístico, a deslocalización de empresas e o desenvolvemento de iniciativas empresariais a ambos lados do río Miño.

S31.

  • Conferencia para asuntos relacionados coas Comunidades Autónomas: Traballos con acordos sobre axudas públicas; participación interna das Comunidades Autónomas en asuntos europeos; participación nos procedementos ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Comité das Rexións: adopción de decisións comunitarias mediante ditames; en consultas sobre educación e xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas, cohesión económica e social, política de emprego, política social, ambiente, formación profesional e transporte.
  • Movemento Rexional Europeo: na Comisión Arco Atlántico para definir políticas de desenvolvemento; para reducir os efectos de ser rexións periféricas.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0