Saltar navegación

1.2.1 Outras institucións e órganos consultivos da Autonomía galega

Control da Administración autonómica

A actividade da administración autonómica é controlada polo Consello de Contas, polo Valedor do Pobo, pola Sala do Contencioso-Administrativo do tribunal Superior de Xustiza e polo Tribunal Constitucional.

  • Consello de Contas. É un órgano que fiscaliza as contas e a xestión económica, financeira e contable da Administración autonómica, das entidades locais e doutros órganos, como confrarías de pescadores ou cámaras de comercio.
  • Valedor do Pobo. É un alto comisionado do Parlamento de Galicia, que exerce a defensa, no ámbito territorial galego, dos dereitos fundamentais da persoa, que se garanten na Constitución e no Estatuto de Autonomía.

Órganos consultivos

  • Consello Consultivo de Galicia. Ten carácter técnico-xurídico e debe ser consultado previamente en situacións como:

–      Proxectos de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.

–      Convenios e acordos de cooperación con outras Comunidades Autónomas.

–      Creación e supresión de concellos

  • Consello Económico e Social de Galicia. Creouse para ser consultado en materia socioeconómica.
  • Consello Galego de Relacións Laborais. Composto, con carácter prioritario, polas organizacións sindicais e empresariais de Galicia. Ditamina todos os proxectos normativos da Xunta de Galicia sobre política laboral.
  • Consello Escolar de Galicia. Órgano superior de consulta, de participación dos sectores afectados no mundo do ensino.
  • Consello da Cultura Galega. Créase para difundir e promover os valores culturais do pobo galego.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0