1.1.3 As comunidades autónomas
Un cambio político importante da Transición foi o dun novo modelo de Estado non centralista, recollido no título VIII da Constitución de 1978: o Estado das autonomías.
A Constitución fundaméntase na unidade e indivisibilidade da nación española, pero recoñece o dereito das nacionalidades e das rexións a constituírense en autonomías. Cada comunidade autónoma conta co seu respectivo estatuto de autonomía, no que se recollen as súas institucións, as súas normas e competencias.
A Constitución española recoñece as nacionalidades. Son nacionalidades históricas Galicia, Euskadi e Cataluña, segundo declaran os seus respectivos Estatutos de Autonomía. Estas tres comunidades autónomas posúen cultura e linguas propias.
Competencias autonómicas
As competencias das autonomías poden ser plenas ou compartidas co Estado.
- Son competencias plenas a organización das súas institucións de autogoberno, o urbanismo, a vivenda, o patrimonio monumental, a sanidade...
- Son compartidas a educación, a xestión das estradas, a lexislación laboral...
A distribución das competencias entre os diversos niveis institucionais réxese polo principio de subsidiariedade: todo o que pode facer o concello non o fai a comunidade autónoma; todo o que pode facer a comunidade autónoma, non o fai o Goberno do Estado.
|
Réxime de competencias |
|
|
– Materias sobre as que se asumen competencias. |
|
– Materias nas que o Estado ten competencias exclusivas. |
|
Estatuto de Autonomía
É a norma institucional básica de cada comunidade autónoma. Ten un rango superior ás leis aprobadas pola asemblea da comunidade. Os estatutos deberán conter:
- Denominación da comunidade.
- Delimitación do seu territorio.
- Denominación, organización e sede das institucións autónomas propias.
- Competencias asumidas e bases para o traspaso dos servizos correspondentes.
Institucións autonómicas de goberno
Cada comunidade autónoma ten os seguintes órganos de goberno:
- Asemblea ou Parlamento: é o órgano lexislativo que controla o Goberno autonómico, elixe o presidente da autonomía e aproba os orzamentos autonómicos. Elixida por sufraxio universal, en sistema de representación proporcional que asegure, ademais, a representación das diversas zonas do territorio.
- Presidente autonómico: representa a Autonomía e dirixe o Goberno autonómico (poder executivo). É elixido polo Parlamento e nomeado polo rei. Nomea os conselleiros. Ten a suprema representación da Comunidade e a ordinaria do Estado nela. O procedemento de elección é semellante ao do presidente español; a proposta correspóndelle neste caso ao presidente da asemblea, e o nomeamento, ao rei.
- Goberno ou Consello: ten o poder executivo e fai cumprir as leis aprobadas polo Parlamento autonómico e aquelas sobre as que comparte competencias co Estado.
Nas comunidades das Illas Baleares e Canarias, cada illa ten unha administración propia en forma de Consello Insular (Illas Baleares) ou Cabido (Canarias). Ceuta e Melilla son desde 1995 cidades con Estatuto de Autonomía.
Diversidade xeográfica e desequilibrios rexionais
Existen desequilibrios entre as comunidades autónomas de España. Son o resultado das condicións naturais e da actuación humana, que os foron acentuando. Estes desequilibrios aprécianse en tres aspectos:
- Importancia económica, medida polo produto interior bruto (PIB) e polo PIB por habitante.
- Peso demográfico: volume e distribución da poboación.
- Benestar social, estimado en función da dotación de servizos e equipamentos.
A base desas diferenzas foi o desigual proceso de industrialización, que favoreceu a concentración da riqueza, da poboación e das mellores dotacións sociais no litoral mediterráneo, Madrid e a cornixa cantábrica. Hoxe certos servizos especializados (o turismo, as novas tecnoloxías, a investigación e a innovación) crearon novas zonas de desenvolvemento.
Como se poden solucionar estes desequilibrios? O Estado outórgalles aos territorios máis atrasados recursos procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial, aos que se unen os fondos da política rexional da Unión Europea.
![]() |
|
Bandeiras das comunidades autónomas (agás Galicia) |
![]() |
![]() |
|
Bandeira oficial de España (con escudo) |
Bandeira oficial de Galicia (con escudo) |
Actividades propostas
S1. Defina os seguintes conceptos: monarquía parlamentaria, Cortes, Autonomía, sufraxio universal, poder executivo, poder lexislativo, poder xudicial.
S2. Analice a Carta Magna ou Constitución española de 1978.
- Na actualidade existe en España división de poderes?
- Por que cre que é importante para un país ter unha constitución?
S3. Indique a que institución corresponde cada unha das seguintes funcións.
- Aprobar ou rexeitar un proxecto de lei presentado polo Goberno ou por un grupo parlamentario.
- Decidir se unha lei ou un decreto do goberno se axusta ou non aos principios da Constitución.
- Xulgar un delito cometido contra as persoas ou contra a propiedade.
- Encargarlle ao dirixente dun partido político a formación do goberno despois das eleccións.
- Resolver en última instancia a apelación contra unha sentencia xudicial dos tribunais ordinarios.
S4. Repase o aprendido sobre a vixente Constitución Española.
- En que ano foi aprobada a Constitución Española?
- Segundo a Constitución, que forma de goberno ten España?
- Quen debe obedecer a Constitución?
- Quen escolle os membros do poder lexislativo?
- Quen escolle o Presidente do Goberno? E os seus ministros?
S5. Conteste ás seguintes cuestións:
- Como se organiza o territorio en España?
- Explique que é un municipio.
- Como obteñen os municipios os ingresos para desempeñar as súas funcións?
- Cal é a función actual das provincias?
- Como están representados os municipios na deputación provincial? Que figura representa o goberno na actualidade en cada provincia?
- Cantas comunidades autónomas hai na actualidade? Que son Ceuta e Melilla?
- Cales son as institucións de autogoberno das comunidades autónomas?
S6. Localice nos mapas seguintes as provincias actuais e as comunidades autónomas.


S7. Observe o mapa e complete.
- A comunidade con maior número de provincias é .
- As comunidades autónomas uniprovinciais son .
- A miña comunidade autónoma é .
- A miña comunidade autónoma ten provincias.
S8. Identifique cada un destes símbolos coa comunidade autónoma correspondente:
-
La bandera blanca y verde
vuelve, tras siglos de guerra,
a decir paz y esperanza,
bajo el sol de nuestra tierra
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?






Soy la sombra de un almendro
soy volcán, salitre y lava
repartido en siete peñas
late el pulso de mi alma.
Yo estaba en el medio:
Giraban las otras en corro,
Y yo era el centro.
Ya el corro se rompe,...
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0




