Saltar navegación

1.2.5 Lectura

Vida comunitaria

Contra o tópico de que os galegos son individualistas, hai moitos feitos que demostran o contrario, como os traballos comunitarios seguidos de festas. Algunhas accións comunitarias foron desaparecendo, por deixarse de cultivar a planta que as ocasionaba, ou como consecuencia dos cambios da mesma sociedade. Con todo, aínda perduran algunhas ou nacen formas novas de acción comunitaria. Quizá se perdese o carácter festivo pola escaseza de mans para traballar.

 

Festas tradicionais. A vendima, a esfolla ou os curros para rapar as bestas eran e son traballos comunitarios que adoitaban acabar en festa

 

 

Actividades propostas

S9.  Escriba os nomes das institucións de autogoberno que fan estas funcións.

  • Presidir a Xunta; facer cumprir as leis; controlar a acción do Goberno; aprobar os orzamentos; proporlle leis ao Parlamento.
  • Cantos deputados forman o Parlamento Galego?

S10. Que institucións controlan a Administración Autonómica?

S11. Qué funcións ten o Consello de Contas?

S12. Para que serve o Valedor do Pobo?

S13. En que situacións debe intervir o Consello Consultivo de Galicia?

S14. Para que se creou o Consello da Cultura Galega?

S15.  Faga un esquema dos tipos de comarcas que hai en Galicia.

S16.  Elabore un esquema cos órganos consultivos da Autonomía galega.

 

S17. Identifique os presidentes da Autonomía galega e os anos en que gobernaron.

 

Fernando González Laxe  

José Quiroga Suárez Antonio Rosón Pérez Emilio Pérez Touriño Xerardo Fernández Albor Manuel Fraga  Iribarne   Alberto Núñez Feijoo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

S18. Fíxese no mapa das comarcas de Galicia e conteste:

  • Cal é o número de comarcas?
  • A que concello pertence a localidade onde vive vostede? E a que comarca?

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0