Saltar navegación

1.3.3 Unidade monetaria

En maio de 1998 o Consello Europeo decidiu que os países da Unión Europea que cumprisen unhas condicións poderían acceder á moeda única, oeuro. O tratado de Maastricht impuxo os criterios de converxencia. España, xunto con outros países está na zona euro.

O Banco Central Europeo emite moedas e billetes, fixa os tipos de interese e estabiliza os prezos. A implantación da moeda única pretendeu mellorar a economía para competir no mercado mundial, aumentar a actividade económica, crear máis postos de traballo, estabilizar a moeda e crear conciencia de pertencer a unha comunidade que supera as fronteiras estatais. En España púxose en circulación o euro o 1 de xaneiro 2002.

Medalla conmemorativa da derradeira emisión da peseta no ano 2001, con figura de matrona.

Para substituír a efixie real que ata entón figuraba nas moedas españolas, escóllense en 1868 a matrona que representaba a Hispania nas moedas do emperador romano Adriano. A figura recóstase desde os Pireneos ata Xibraltar.

 Medalla conmemorativa da derradeira emisión da peseta no ano 2001

O euro substituíu a peseta en España. As primeiras moedas co seu valor en pesetas foron acuñadas no ano 1808, en Barcelona. Sesenta anos despois (1868) a peseta converteuse na unidade monetaria de España. O Banco de España tiña a exclusividade de emisión de moeda fiduciaria.

anverso dun billete de 5.000 pesetas

reverso dun billete de 5.000 pesetas 

 Anverso dun billete de 50 euros

reverso dun billete de 50 euros

Anverso e reverso dun billete de 5.000 pesetas. Ano 1976

Anverso e reverso dun billete de 50 euros

 

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0