Saltar navegación

2. Resumo de contidos

España: unha democracia parlamentaria

  • Transición. En 1975, tras a ditadura do xeneral Franco, España accedeu a un réxime democrático. A Transición é o período en que se fixeron as reformas que trouxeron a democracia. Legalizáronse partidos políticos, celebráronse eleccións xerais libres e constituíronse as Cortes. Elaborouse e aprobouse a Constitución. España é unha democracia parlamentaria. O Rei é xefe de Estado; reina pero non goberna.
  • A Constitución. É de 1978. Declara que a soberanía reside no pobo e establece o sufraxio universal e a división de poderes.
  • División de poderes no Estado español:

–      Parlamento. Función lexislativa. Dúas cámaras: Congreso dos deputados e Senado. O Presidente do goberno é elixido polo Parlamento.

–      Goberno. Función executiva. Determina a política do Estado a través da Administración.

–      Xuíces e maxistrados. Función xudicial. Administran e aplican as leis.

  • Outras institucións do Estado español:

–      Tribunal Constitucional.

–      Defensor do Pobo.

  • Organización territorial en España:

–      Concellos ou municipios. Administración máis próxima aos cidadáns. Réxese pola administración local. Órgano de goberno: alcalde e concelleiros.

–      Administración provincial. A provincia agrupa varios concellos. Coopera cos municipios. Máximo órgano: Deputación provincial.

–      Comunidades autónomas. Constitución de 1978: establece o Estado das Autonomías. Hai rexións e nacionalidades históricas (Galicia, Euskadi e Cataluña).

–      Competencias autonómicas: plenas ou compartidas co Estado.

–      Estatuto de Autonomía: norma institucional básica da Comunidade.

–      Institucións autonómicas de goberno:

–      Asemblea ou Parlamento. Órgano lexislativo. Aproba os orzamentos autonómicos.

–      Presidente autonómico. Dirixe o goberno autonómico.

–      Goberno ou Consello. Poder executivo.

  • Diversidade xeográfica e desequilibrios rexionais. Existen desequilibrios entre as Comunidades Autónomas: económicos, demográficos, sociais. Corríxense mediante o Fondo de Compensación Interterritorial.

A Comunidade Autónoma de Galicia

O Estatuto de Autonomía de Galicia establece as competencias e as institucións de goberno de Galicia.

  • Competencias: organización das institucións e do territorio, ensino do galego, asistencia social...
  • Institucións:

–      Parlamento. Lexisla, aproba os orzamentos, controla o labor da Xunta, presenta proposicións de leis no Congreso dos Deputados. Está integrado por 75 deputados.

–      Xunta de Galicia. Formada por Presidente e conselleiros. Función executiva. Mandato: lexislaturas de catro anos.

–      Presidente da Xunta. Máximo representante da Comunidade.

–      Tribunal Superior de Xustiza.

  • Outras institucións e órganos consultivos da Autonomía galega

–      Control da Administración autonómica:

–      Consello de Contas. Fiscaliza as contas e xestión económica, financeira e contable de: Administración autonómica, entidades locais e outros órganos.

–      Valedor do Pobo. Defende os dereitos fundamentais da persoa garantidos pola Constitución e o Estatuto de Autonomía.

–      Órganos consultivos: Consello Consultivo de Galicia, Consello Económico e Social de Galicia, Consello Galego de Relacións Laborais, Consello Escolar de Galicia, Consello da Cultura Galega.

  • As provincias. Reis Católicos: cinco provincias. De Carlos I ata o século XIX: sete provincias. Desde 1833: catro provincias.
  • As comarcas:

–      Comarcas metropolitanas. Grandes cidades e municipios circundantes.

–      Comarcas urbanas. Con proxectos de desenvolvemento urbano.

–      Comarcas rururbanas. Pequenas cidades vinculadas entre si.

–      Comarcas rurais. Predominio da vida rural.

  • O concello. Comunidade de persoas unidas por lazos de veciñanza. Administra bens comúns.

A Unión Europea

  • Unión de países europeos (hoxe son 27) con réximes políticos democráticos que:

–      Defenden: democracia, liberdade e xustiza social.

–      Traballan por: prosperidade e benestar dos cidadáns.

–      Fomentan: axudas entre países.

  • Proceso de creación da Unión Europea:

–      1951: Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA)

–      1957: Comunidade Económica Europea (CEE) mediante o Tratado de Roma.

–      1986: Acta Única Europea (Proxecto de Unificación).

–      1985-1990: Acordo de Schengen: Libre circulación de persoas entre Estados.

–      1992: Tratado da Unión Europea ou de Maastricht: creación da Unión Europea.

–      2007: Tratado de Lisboa.

  • A Unión Europea deseña:

–      Europa verde: política agraria común.

–      Europa azul: política pesqueira.

–      Política industrial.

  • Países da Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia.
  • Unidade monetaria.

–      1998: O Consello Europeo aproba o acceso de países ao euro.

–      O Banco Central Europeo emite moedas e billetes, e fixa tipos de interese.

–      1 xaneiro de 2002: o euro ponse en circulación en España, onde substitúe a peseta.

  • Institucións da UE: Consello Europeo, Consello de Ministros, Parlamento Europeo, Comisión Europea, Tribunal de Xustiza, Defensor do Pobo, Banco Central Europeo, Tribunal de Contas, Comité das Rexións, Banco Europeo de Investimentos, Consello Económico e Social.
  • Diversidade europea. Estados con diferenzas: económicas, sociais, lingüísticas, culturais. Tamén diferenzas entre rexións do mesmo Estado.
  • Política rexional solidaria. Para corrixir os desequilibrios territoriais aplícanse fondosestruturais e fondos de cohesión.
  • Constitución Europea. Déronse pasos para acomodar a estrutura e o funcionamento da Unión Europea á realidade de 27 Estados para ter unha Constitución. Non se logrou a aprobación por todos os Estados membros. O Tratado de Lisboa, 2007, recolle aspectos importantes desa constitución.
  • España na UE:

–      1979: Comezo das negociacións para a adhesión de España á Comunidade Económica Europea (CEE).

–      1986: Incorporación de España e Portugal á CEE.

  • Balance da incorporación de España á UE. España comeza a recibir fondos da CEE desde 1987. Os fondos europeos serviron para:

–      Construír autoestradas e ampliar portos, aeroportos e metros.

–      Programas educativos para estudantes.

–      Tarxeta Sanitaria Europea.

–      Restaurar e reconstruír patrimonio artístico e monumental.

  • Galicia na UE. Desde 1993 Galicia participa nos asuntos europeos a través da Conferencia para asuntos relacionados coas Comunidades Autónomas.

–      Comité das Rexións. É unha asemblea consultiva da UE. Galicia participa na Mesa, órgano colexiado executivo do Comité das Rexións.

–      Comités da Comisión. Galicia participa nalgúns comités para defender os seus intereses e coñecer as políticas comunitarias que afectan a nosa Comunidade

–      Cooperación interrexional multilateral. Galicia participa no Movemento Rexional Europeo a través da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa (Comisión Arco Atlántico).

–      A condición periférica de Galicia e a repercusión nela das políticas europeas

–      Consecuencias positivas da incorporación de Galicia á EU: aumento do comercio, maior investimento da UE en Galicia, mellora do PIB per cápita, aumento da actividade económica e do emprego, recepción de fondos estruturais e de cohesión, fondos para o sector pesqueiro, participación de estudantes en programas educativos ( Erasmus, Língua, Sócrates), Tarxeta Sanitaria Europea.

–      Consecuencias negativas da incorporación de Galicia á EU: aumento do déficit na balanza comercial, medidas prexudiciais para a agricultura e a gandaría ( cota leiteira, arrinque de viñedos...), reconversión industrial no sector naval.

–      Eurorrexión Atlántica Galicia-Norte de Portugal. Creouse o Eixo Atlántico e a Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal. Vantaxes: impulso do sector turístico, deslocalización de empresas, desenvolvemento de iniciativas empresariais, mellora de infraestruturas, colaboración en materia ambiental e no desenvolvemento sustentable.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0