Saltar navegación

1.3.6 Política rexional solidaria

Para corrixir os desequilibrios territoriais, a Unión desenvolve unha política económica rexional á que se dedica un terzo do orzamento comunitario. Esta política económica baséase na aplicación de fondos estruturais e fondos de cohesión, que son partidas do orzamento europeo dedicadas aos seguintes fins:

  • Concesión de préstamos para realizar investimentos nas rexións máis pobres.
  • Creación de infraestruturas de trasporte e de subministración de enerxía.
  • Realización de obras públicas para a solución de problemas ambientais e para a asistencia técnica en xeral.
  • Desenvolvemento de políticas comúns nos ámbitos culturais e educativos, e na problemática xuvenil.
  • Creación de postos de traballo.
  • Concesión de préstamos e subvencións para axudar a manter os sectores agrícolas e pesqueiros comunitarios.

A última ampliación da Unión amosou, ademais, grandes desequilibrios económicos, sociais e culturais, entre os novos e os antigos membros. Por esta razón, países como Romanía, Bulgaria e Polonia reciben unha parte importante dos fondos comunitarios.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0