Organización política
1.2 A Comunidade Autónoma de Galicia
O Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de abril de 1981. Nel establécense as competencias e as institucións de Goberno de Galicia. Entre as competencias que ten o Goberno galego figuran a organización das institucións autonómicas e do territorio, o ensino do galego, a asistencia social... As institucións da Comunidade Autónoma de Galicia son:
![]() |
- Parlamento: é o encargado de lexislar, elaborar e aprobar os orzamentos, controlar o labor da Xunta, designar os senadores que correspondan a Galicia no Senado e de presentar proposicións de lei no Congreso dos Deputados. Está integrado por 75 deputados, elixidos por sufraxio universal, directo e secreto.
- Xunta ou Goberno de Galicia: está formada polo Presidente, polos conselleiros e por un ou varios vicepresidentes, todos eles nomeados polo Presidente da Xunta. Desempeña as funcións executivas: propón leis ao Parlamento e fainas cumprir. O seu mandato establécese por períodos de catro anos ou lexislaturas.
- Presidente da Xunta: dirixe e coordina a actividade da Xunta; é o máximo representante da Comunidade. A súa elección faise no Parlamento Galego entre os 75 deputados elixidos. Nomea e cesa os conselleiros, e ten a máxima representación da Comunidade.
|
|
Mecanismos para constituír as institucións autonómicas |
- Tribunal Superior de Xustiza: culmina a organización xudicial en Galicia.
![]() |
|
Algunhas materias sobre as que o Parlamento pode lexislar e a Xunta gobernar. |
![]() |
|
Demarcación xudicial de Galicia. |
![]() |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0



