3. Test de autoavaliación
Exercicios de autoavaliación
1. A actual Constitución española establece unha nova estrutura territorial para o Estado español:
O Estado centralista.
O Estado das autonomías.
O Estado sen provincias pero con autonomías.
O Estado das rexións.
2. A actual Constitución española foi promulgada no ano.
1878
1987
1978
2005
3. Cal é a diferenza entre o xefe de Estado dunha república e o dunha monarquía?
Que o cargo de rei é vitalicio e hereditario e o cargo de presidente da república é electivo.
Que o cargo de presidente da república é hereditario.
Que o cargo de rei non é vitalicio, aínda que si hereditario.
Que o cargo de rei é electivo.
4. Cantas comunidades autónomas conforman o Estado español?
Dezaoito.
Dezasete.
Dezaseis.
Dezanove.
5. En que data foi promulgado o Estatuto de Autonomía de Galicia?
14 abril de 1931.
20 novembro de 1975.
6 abril de 1981.
6 decembro de 1981.
6. Cal destes persoeiros non foi presidente da Comunidade Autónoma de Galicia?
Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Manuel Fraga Iribarne.
Xerardo Fernández Albor.
Fernando Ignacio González Laxe.
7. Mediante que tratado a Comunidade Económica Europea pasa a denominarse Unión Europea?
Tratado de Maastricht.
Tratado de Roma.
Tratado de Estrasburgo.
Tratado de Bélxica.
8. Os estudantes galegos participan en programas educativos europeos. Cal é o termo que sobra?
Comenius.
Erasmus.
Platónico.
Lingua.
9. O órgano que executa apolítica da Unión Europea e controla o día a día da súa actividade é:
O Consello Europeo.
O Consello de Ministros.
A Comisión Europea.
O Parlamento Europeo.
10. A eurorrexión atlántica Galicia-Norte de Portugal está conformada polas seguintes cidades:
A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.
A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Praga, Bragança, Chequia, Viana do Castelo, Vila Real, Vilanova de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.
A Coruña, León, Ferrol, Ourense, Santiago de Chile, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Illa de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.
A Coruña, Lugo, Ferrol, Ribadavia, Santiago, Pontevedra, Vigo, Portobello, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Villarreal, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0