Saltar navegación

1.2.3 As comarcas

O Estatuto ten referencias a organizacións locais tradicionais: parroquia e comarca. Das entidades locais propias previstas para funcionar en Galicia, soamente se empezou a desenvolver desde 1997 o mapa comarcal de Galicia, de acordo con esta tipoloxía e descrición:

  • Comarcas metropolitanas. Situadas arredor dunha gran cidade, coa que os municipios circundantes forman un continuo urbanizado e acadan unha dimensión demográfica e funcional elevadas.
  • Comarcas urbanas. Aquelas nas que as dimensións ou a complexidade urbana non chegan á grande aglomeración metropolitana, pero toda a comarca queda afectada por proxectos de desenvolvemento urbano.
  • Comarcas rururbanas. Son áreas que gravitan sobre pequenas cidades moi vinculadas funcionalmente entre si, onde se superpoñen xeitos de vida urbana e rural, con predominio da economía non agraria, intensa ocupación do solo, elevada densidade demográfica e boa rede de comunicacións.
  • Comarcas rurais. Áreas con predominio de modos de vida rurais.

Mapa comarcal de Galicia

Mapa comarcal de Galicia 

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0