7.1 Solucións das actividades en lingua galega
Solucións das actividades en lingua galega
S1.
-
Destinatario ou destinatarios do anuncio.
Persoas novas ás que lles guste o mundo da informática xa que o anunciado é dun encontro informático.
-
Elementos que forman parte do anuncio.
Emisor
Receptor
Mensaxe
Código
Canle
O propio anuncio e o que nel se publicita: un encontro informático.
Persoas novas ás que lles guste o mundo da informática e que estean interesadas en ir a ese encontro.
A mensaxe é subxectiva; depende de como a descodifique cadaquén, pero pode ser: “Ven a este encontro, pois é o máis importante de Galicia. Se che gusta a informática non o podes perder”
Lingua galega e imaxes atractivas.
Texto escrito e imaxes: sentido da vista e emocións do receptor.
-
Funcións da publicidade que se dan neste anuncio.
Informativa (orienta un posible consumidor), económica (no evento informático pode haber publicidade de marcas e produtos relacionados co tema, hai patrocinadores que están detrás deste encontro, polo tanto, hai uns intereses económicos que poden ser máis ou menos visibles) e financiadora (permite a subsistencia da xente que vai traballar directa ou indirectamente no evento para que este saia ben).
-
Obxectivo ou finalidade do anuncio.
-
Animar a xente nova interesada na informática para que participe neste encontro informático.
S2.
-
Corrección de erros e de acentuación do texto.
-
A neta de Tomás traballa nuns grandes almacéns, e este sábado é o primeiro que toca librar dos últimos meses. Normalmente descansa os mércores e os luns, pero ela opina que “non traballar eses días é un aburrimento porque todo o mundo está ocupado”. Avisou con tempo: nas últimas tres semanas falou co mozo para ver se quería ir ao cine, coas súas amigas por se podían ir á tardiña pasear pola praia, e coa súa familia, por se facían unha cea na casa da aldea –incluíndo no menú, como gancho, filloas con roxóns. Todos tiñan plans xa feitos.
Chamou os colegas que tamén libraban, e iso que non lle gusta mesturar traballo e ocio, pero nada, ocupados. Lembrouse dun rapaz que coñecera nun curso de contabilidade e que lle propuxera ir tomar algo: “Imposible, este sábado non podo”. Tentou cambiar o día libre para a seguinte semana, pero “xa sabes que nesta empresa non se cambian as quendas así como así, levas meses pedindo un sábado, agora non se pode cambiar”. Desesperada chamou o seu avó Tomás: “Que podo facer un día coma o de hoxe se non me gusta o fútbol?”.
-
Tema principal do texto.
A imposibilidade de facer algo distinto o sábado agás ver ou ir ao fútbol.
-
Reflíctense no texto as características da linguaxe periodística?
-
Aínda que non se trata dunha noticia nun sentido estrito, a linguaxe utilizada é clara e sinxela. Os nomes son concretos, non hai adxectivos de valoración, etc.
S3.
-
Vímolo cando entraba no camión.
-
Fixémolo así porque era moi fácil.
-
O sábado imos cortar unha arbore no xardín.
-
Martín foi ao medico e levou o seu automóbil.
-
Mercedes estudou musica e agora toca moi ben o saxofón.
-
Déitate comodamente no sofá.
-
Chamáronme por telefono?
S4.
-
Nós temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.
-
Dáme a carteira que está enriba da mesa.
-
Aínda non é inverno e xa vai moito frío.
-
A miña irmá vive fóra de Galicia, pero vén todos os anos pasar aquí as vacacións.
-
Algunhas persoas só ven a palla no ollo alleo.
-
Vós sempre queredes máis, mais eu xa non vos fago caso.
-
Fixo un nó no amalló do zapato.
S5.
-
Aquel día viña algo bébedo o rapaz.
-
Vós ben viades que vos sería imposíbel.
-
Grazas que traïamos connosco un fachón!
-
Entón vós erades uns picariños.
-
Aquela tarde ela puña/poñía unhas cintas moi lindas.
-
Encontreino cando ía camiño do instituto.
S6.
-
Díxome que fixera varios recados // Díxome que fixese varios recados.
-
É fácil que xa existisen eses inventos en 1930.
- Se mo dese a min non se perdería.
-
Quen puidese convosco voar!
-
Xa lle deran o premio Blanco Amor no ano 1983.
-
Eles evitaban que se falase do asunto.
S7.
-
Facer: fixeran.
-
Haber: haxa.
-
Estar: estivésemos.
-
Dar: deu.
-
Haber: houbeches.
-
Dicir: di
S8.
-
Non poñas tantas dificultades para me emprestares o libro.
-
Non é tan difícil gañaren a partida.
-
Sen comprardes fariña, non poderedes facer o pan.
-
Ao recoller os cinceiros, rompeu un.
-
Rebaixáronlles o soldo por faltaren moito ao traballo.
-
Non se dan posto de acordo para faceren unha folga polo convenio.
S9.
-
Personaxes do conto de Manuel Rivas.
Chámanse Tino (o rapaz que conta a historia) e Lola, que traballa nun híper. A Tino gústalle Lola.
-
Clasificación dos adverbios.
De tempo
De lugar
De modo
De cantidade
Onte
Cedo
sempre
Ningures
Alí
Aquí
Alí
Só
Rigorosamente
Máis
Moi
Tan
Máis
-
Un adverbio composto e unha expresión sinónima.
-
Adv. composto: rigorosamente ; sinónimo: con rigor
-
Outros adverbios de cantidade, de afirmación e de dúbida
-
De cantidade
De afirmación
De dúbida
Moito
Pouco
Máis / menos
Abondo/ dabondo
Si
Abofé
De certo
Tamén
Seica
Quizais
Acaso
Se cadra
Ao mellor
S10.
-
O texto de Bernal de Bonaval é unha cantiga de amor, xa que nela un cabaleiro canta o seu amor a unha dama de innumerables virtudes á que sirve sen esperanza. Como o namorado lle rende vasalaxe feudal á súa dama a quen lle chama “senhor”.
O texto de D. Dinis é unha cantiga de amigo porque nela unha muller se queixa da ausencia do amado, igual que sucedía nas kharxas mozárabes, ou ben fai a natureza confidente dos seus sentimentos.
O texto de Pero da Ponte é unha cantiga de escarnio ou maldicir, porque se burla e critica os trazos morais dun personaxe.
S11.
-
Motivos do nacemento do Grupo Nós na literatura galega.
-
Resposta aberta, pero debe ir por este camiño: introducir a literatura galega en todos os ámbitos académicos, europeizala, darlle un carácter contemporáneo e moderno.
S12.
-
Importancia da Editorial Galaxia no contexto histórico-social da súa creación.
-
Resposta aberta, pero debe ir por este camiño: nunha época de represión coma a do franquismo, onde escribir en galego era unha tarefa complicada, a Editorial Galaxia foi quen de publicar libros escritos en galego que doutro xeito non sería posible coñecer. Polo tanto, pódese dicir que esta editorial permitiu que o vieiro iniciado polo grupo Nós non quedase en papel mollado senón que tivera certa continuidade durante unha boa parte da ditadura.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License